Volta de Castelao a Galiza e sabotaxe comunista a un acto nacionalista galego
Neste video (http://www.youtube.com/watch?v=2y_NEsFeQq4) poden comprobar un dos momentos máis infames da historia do Comunismo na Galiza.
Era unha ocasón solene para os nacionalistas galegos: a volta dos restos do Patriota Castelao a Galiza, para ser soterrado no Panteón de Galegos Ilustres de Bonaval, Santiago.
Aquel día eu quedara sen palabras ao comprobar (como desgraciadamente moitos temíamos) que un acto tan solemne como a volta de Castelao foi secuestrado pola minoria de imbéciles de sempre para montar a sua particular "revolución de outubro".
O Governo lexítimo da Galiza fixera as xestions necesarias en nome da nazón para repatriar os restos do Patriota Castelao á Mátria. Un grupo numeroso de patriotas de ben reuníramonos para dar a benvida, con respeito e honores, ao cadaleito do Patriota.
E que pasou? Vexan vostedes no vídeo aos comunistas berrando, montando barullo e dándolle ao puño sectario e FASCISTA, si: FASCISTAS, da ditadura do "proletariado", acudindo a un acto GALEGO NACIONAL (non partidista) para montar guerra e non respecto.
Non se deixen enganar, cabaleiros. A eses gamberros, revoltosos, sectarios, lacazáns e FASCISTAS tanto lles tiña que dentro do cadaleito estivese Castelao ou Lenin ou La Bella Otero. Para eles, era unha ocasión máis para saír á rua a berrar, facer ruido, montar barullo, e emborracharse logo na taberna congratulándose do éxito deste pequeniño asalto ao Palácio de Inverno.
Para a maioría dos que estabamos aló para honrar ao irmán Daniel, era unha ocasión para mostrar respecto, silenzo, honor e admirazón.
As cámaras, por suposto, mostran a minoría de gamberros soviéticos que reventaron o acto. Espectáculo penoso! Terceiromundista!
Por suposto, aos neosoviets tanto lle tiña (ou non, porque así obtiñan na televisón unha representazón moito maior da que o pobo lle deu nas eleizóns de 1981).
Convido ao leitor a que observe a maioria de patriotas respectuosos que aló estabamos, os que non saímos nas imaxes da cámara, os que estaban dentro na cerimonia, e os moitos que estaban fóra a carón deses imbéciles totalitarios e que tiveron que escapar (por culpa dos soviéticos) para non receber golpes inxustos da policia.
O comunismo é incompatible co patriotismo de verdade, PATRIOTISMO NACIONAL GALEGO, de galegos que queren a Galiza por riba de calquer diferenza ideolóxica.
Nese video o que poden ver vocés é como uns imbéciles sectarios neosoviéticos luxaron con violencia e terceiromundismo un acto NACIONAL galego no que o que había que mostrar non era ruido e puños comunistas senón respecto, silenzo e honor.
chúzame -