Galaico e Conservador

Socialistas do mundo, unídevos!

novembro 20th, 2007

No país estepario viciño vólvelles a ferver o seu sangue quente latino-socialista. Os nosos viciños iberos son unha cultura moi socialista. A súa política sempre estivo influenciada por socialistas, fose por socialistas da extremadireita (os "falanxistas", que son a versión cañí dos nacional-socialistas), fose por socialistas da extremaesquerda (os internacional-socialistas ou comunistas). 

Os galegos somos un povo Atlántico e individualista, calmo e moderado, de sangue frío e pouco amigo dos extremos, igual que o noso clima.

En 1936 as exaltadas liortas socialistas iberas colléronnos por sorpresa aos galegos. O povo galego, Atlántico e individualista, non tiña simpatía ideolóxica nen polo socialismo-nacional-cañí dos falanxistas nen polo socialismo-hispanosoviético dos republicáns. Na Galiza de 1936 o discurso intelectual estaba liderado por un Partido Galeguista que se identificaba máis co modelo político das democracias Atlánticas, Irlanda e Gran Bretaña, que coas dictaduras socialistas rusoalemás.

De súpeto, Galiza viuse involucrada nunha guerra socialista-ibera que era completamente allea ao carácter individualista-atlántico do povo galego. A guerra e as súas opcións, ou falta de opcións, colleron de sorpresa ao povo galego, que non soubo reaccionar a tempo e caeu nas gadoupas da versión feixista-cañí dos nacional-socialistas hispanos.

Con nacional-socialistas e socialistas-soviéticos destruíndo Europa a bombazos, tiveron que intervir os nosos irmáns Atlánticos, británicos e americanos, para salvar a pouca reputazón que nos quedaba aos europeos como povo civilizado.

Lembro as palabras da ilustre Oriana Falaci, que combateu contra os feixistas na II Guerra Mundial: "Hai dúas clases de feixistas, os feixistas e os antifeixistas". Oriana falaba dos socialistas da extremadireita (feixistas antimarxistas) e socialistas da extremaesquerda (marxistas antifeixistas).

O socialismo é unha ideoloxía antigalega e antiatlántica. Os patriotas galegos debemos defender a nosa propria idiosincrasia individualista, calma e moderada, de sangue frío e pouco amiga dos extremos. O socialismo non vai con nós os galegos. Digámoslle claramente: "Socialistas do mundo, unídevos nunha illa deserta e loitade entre vós todo o que queirades, pero lonxe da nosa Galiza".

socialismo.jpg

Chuzame! chúzame -

Filgueira Valverde: Ogallá houbera cen así

novembro 9th, 2007

Xosé Filgueira Valverde, unha vida adicada a Galiza

- Fundador do Seminario de Estudos Galegos (SEG)
- Membro da seizón de Historia da Literatura do SEG
- Fundador do Museu de Pontevedra
- Militante do Partido Galeguista e fundador de Dereita Galeguista
- Membro da Real Academia Galega
- Conselleiro de Cultura do Governo da Galiza nos anos 1982 e 1983
- Criador e presidente do Consello da Cultura Galega

Filgueira ValverdeXosé Filgueira Valverde (1906-1996) é unha figura fundamental para o século XX galego. Foi un home de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa, nunha época na que as instituzóns que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras. Foi catedrático de literatura no Institudo de Ensino Medio de Pontevedra. Desde moi novo estivo involucrado en toda sorte de proxectos culturais galeguistas.

En 1923 funda, xunto con Luis Tobío e Fermín Bouza Brey, o Seminario de Estudos Galegos onde dirixíu a seizón de Historia da Literatura. Anos despois dirixiría o Instituto Padre Sarmiento. En 1927 criou o Museo de Pontevedra, co que colabora até a fin dos seus días.

Participou sempre do galeguismo, sendo membro desde os comezos do Partido Galeguista. En maio de 1935 encabeza un grupo de militantes do Partido Galeguista de Pontevedra que abandonan o partido como protesta pola política de pactos coa esquerda e organizaron o partido "Dereita Galeguista".

Durante o franquismo foi alcalde de Pontevedra durante o periodo no que se instalou a empresa de Celulosa na ría. Restaurada a Democracia foi Conselleiro de Cultura do Governo da Galiza nos anos 1982 e 1983, e presidiu o Consello da Cultura Galega. Foi membro da Real Academia Galega e director do Instituto Sánchez Cantón da cidade de Pontevedra até a súa xubilazón no ano 1976.

Foi amplamente recoñecido con premios coma Fillo predilecto de Pontevedra, Medalla de ouro da provincia de Pontevedra, doutor honoris causa por diferentes universidades.

Ten unha obra extensísima. Tanto científica coma literaria, fundamentalmente divulgativa, a primeira obra narrativa foi a recolleita de narrazóns breves Os nenos en 1925.

No seguinte artigo, o escritor e intelectual galego Vitor Freixanes lembra unha anécdota curiosa do cultísimo patriota D. Xosé Filgueira Valverde.

Era naqueles tempos da ditadura hispana, cando o patriotismo galego estaba proscrito baixo ameazas de inabilitazón profisional, cárcere ou morte.

O ilustrísimo patriota D. Xosé Filgueira Valverde, sempre promovendo o espírito nacional, aproveitou con intelixencia unha aparentemente inocente ocasón para dar aos seus estudantes unha leizón de patriotismo que Vitor Freixanes lembra aínda 40 anos despois nese seu artigo.

Coincidindo coa devoluzón das reliquias de San Fructuoso á Sede de Braga (roubadas polo Bispo Xelmírez em 1102 dentro da súa estratexia de centralizazón política da Gallaecia en Sant-Iago), o grande patriota D. Xosé Filgueira Valverde mandou comemorar solenemente a ocasón no seu Instituto cun día de respecto, sen clases e con canzóns corais en galego.

As forzas dictatoriais hispanas non sospeitaron nada da verdadeira intencionalidade do evento, mais o ilustrísimo patriota D. Xosé Filgueira Valverde sabia ben o que estaba a facer. Esta comemorazón da nosa historia nacional quedou gravada para sempre na mente dos seus estudantes en Pontevedra, como ainda lembra Vitor Freixanes, 40 anos despois:

Había ter eu trece ou catorce anos. O profesor Filgueira Valverde, daquela director do instituto de Pontevedra, mandou reunir a todos os alumnos no paraninfo para anunciarnos que ao día seguinte non tiñamos clase. ¿A que se debía tan gratísima novidade? Segundo se nos explicou solemnemente, en tan sinalada xornada pasaba por Pontevedra o dedo de san Frutuoso, talmente así: ¡o dedo de san Frutuoso!, que nos días terribles do ano 1102 o arcebispo Xelmírez de Compostela roubara aos portugueses e seica daquela llelo devolviamos. Escuso dicir o impresionados que ficamos os rapaces. Efectivamente, ao día seguinte non houbo clases e cantou o coro do instituto, non sei se na igrexa de Santa María ou no convento de Santa Clara: versos de Paul Claudel (en galego).

Outro escritor galeguista, Alfredo Conde, dixo sobre Filgueira Valverde: "Ogallá houbera cen así"

Fun ver a mostra conmemorativa dos cen anos que hai que naceu Filgueira Valverde e que, a estas alturas, xa está clausurada. Quén foi Filgueira Valverde? Os máis novos xa nin flores, ou poucas, a cerca da real entidade do extinto profesor, un dos poucos sabios cos que realmente contou Galicia durante o SXX. Hai vinte anos, recórdoo por dar unha idea, co gallo da fundación dunha cátedra de galego nunha universidade norteamericana, por razóns diversas, veu alguén onda min pra que evitase a presencia nela, no ano inaugural, de persoa certamente capaz, pero a anos luz desta da que falamos. "Os cataláns -argumentóume- inauguraron con Martín de Riquer; vostedes non poden ser menos, teñen que mandar a Filgueira". A Historia de Galicia, con ela a historia do galeguismo, está recolleita en non poucas mostras do recorrido vital de FV condensado no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Non serei eu quen lla vaia resumir agora a vostedes. Pero si quen faga unha reflexión en voz alta e letra baixa.Se un repasa a exposición, se un le e cotexa o que nela se nos revela e ofrece, se un pensa noutros aspectos da traxectoria de Filgueira, chega á conclusión inevitable de que a gran beneficiaria do paso pola vida do sabio pontevedrés foi Galicia, foi a cultura galega, foron os seres humanos que o rodearon, con independencia de que fose alcalde de Pontevedra e mesmo á marxe do que a cidade aproveitase do seu mandato.Cántos Filgueiras hai no país? Ignóroo, pero sei que con cen así esta Terra sería outra, tan firme foi a súa convicción do que Galicia é e significa.

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?p=2163

Chuzame! chúzame -

Adopzón patriota de fillos = Adopzón Galaica ou Europea

novembro 9th, 2007

Axudaria un patriota galaico a que o noso idioma desaparecese substituido polo castelán ou por un dialecto lusoafricano?
Non

Axudaria un patriota galaico a que a nosa música tradicional desaparecese substituida pola música típica dos países africanos?
Non

Axudaria un patriota galaico a que a nosa gastronomia tradicional desaparecese substituida pola gastronomia típica dos países africanos?
Non

Axudaria un patriota galaico a que as nosas carballeiras galaicas desaparecesen substituidas por bosques de palmeiras tropicais?
Non

Axudaria un patriota galaico a que as nosas razas autóctones de vacas e cans desaparecesen substituidas por vacas da India e cans de México?
Non

Entón, por qué razón substituir á poboazón atlántica e europea da Gallaecia por outra poboazón africana ou indioamericana non autóctone da Nosa Terra?

Mario ten dous fillos nacidos en Ucraína, pero xa plenamente adaptados á vida galega. Él e a súa parella decantáronse por este país porque se pecharon as portas da súa primeira opción, Romanía (os países do Leste deixaron de entregar nenos para poder acceder á UE) e consideraron Ucraína porque os nenos comparten raza con eles. «Se ti non queres, ninguén se decata de que son de fóra», explica. (A Voz de Galicia)

Adopzón patriota de fillos = Adopzón de orfos galaicos, atlánticos ou europeos

Chuzame! chúzame -

Os hispanos non se integran nos EUA

novembro 9th, 2007

O gobernador de California, Arnold Schwarzenegger, desatou unha polémica cos seus comentarios por afirmar que os mexicanos débense integrar na cultura estadounidense.

"Para triunfar neste país, necesítase traballar moi duro e non só traballar fisicamente, senón tamén facer o intento de converterse en parte de Estados Unidos, aprendendo o idioma, aprendendo a historia estadounidense, e o xeito en que os estadounidenses conducen os seus negocios", dixo o gobernador nunha reunión con membros da comunidade asiática da cidade de Los Ángeles.

"É moi difícil para certa xente, especialmente para os mexicanos, integrarse á cultura estadounidense"

"Eles (os mexicanos) están tan preto do seu país aquí, que tratan de seguir sendo mexicanos, pero ao mesmo tempo, tratan de estar nos EUA, así que é como un 'vai e vén' para eles", declarou.

Substituan “Estados Unidos” por “Galiza”, e “mexicanos” por “hispano-americanos” (colombianos, peruanos, chicanos, etc) e o artigo descrebe exactamente o mesmo problema que estamos a ter con esa xente. Arabes e hispanos son nazóns irmás, incapaces de se integrar na cultura galega.

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?p=1870

Chuzame! chúzame -

A orixe ideolóxica hispana do ‘Anticeltismo’

novembro 1st, 2007

O chamado 'Anticeltismo' é unha corrente ideolóxica recente que naceu durante a dictadura nacionalista hispana do Xeneral Franco como contrareaczón contra o Galeguismo.

O 'Anticeltismo' consiste en:
-  Negar sistemáticamente e minusvalorar calquer idiosincrasia e ligazón histórico-cultural de Galiza co mundo Atlántico no que está situada.
- Supravalorar e promocionar repetidamente unha suposta dependencia cultural e política de Galiza ao mundo Mediterráneo hispano-africano.

O 'Anticeltismo', igual que boa parte do legado ideolóxico e material herdado do Franquismo, aínda pervive residualmente na Galiza. Os seus valedores, cada vez menos, están adscritos ideolóxicamente ao nacionalismo hispano ou ao neo-comunismo saído da canteira da UPG. Outra vez máis, españolismo e comunismo van unidos da man.

Esta é unha cronoloxía da orixe ideolóxica hispana do 'Anticeltismo'.

Anos 1800-1920

A historiografía galega destaca unánimemente e de xeito extremadamente importante a nosa orixe histórica Céltica e Atlántica como factor causante de que Galiza sexa unha nazón singular, cun sistema cultural, económico, social, etc diferente dos territorios iberos que nos rodean. O nacente movimento cultural do Rexurdimento (Pondal, Vicetto, etc) comeza a promocionar o valor inspirador nacional da idiosincrasia céltiga de Galiza, ao igual que outros fan en Irlanda, Bretaña, Gales, Escocia e Cornualla. O nacente movimento político galeguista (Irmandades da Fala, etc) establece que o modelo político que Galiza debe seguir é o modelo Atlántico dos nosos fillos irlandeses ("Galiza, esperta e anda, como en Irlanda, como en Irlanda").

Anos 1920-1936

Todo o Galeguismo Histórico (Xerazón Nós, Partido Galeguista, Sociedade Nazonalista Pondal, etc) é consciente de que o que fai Galega a Galiza, como nazón singular, é a nosa orixe histórica Céltica e Atlántica. A cultura e ciencia desta época (Cuevillas, Risco, etc) concéntrase en investigar as características da etnografía e historia celta de Galiza. Os políticos (Castelao, Pedrayo, Plácido Castro) elaboran un discurso político nacional Atlántico e sentan as bases para unha cooperazón política con Irlanda, Escocia, Gales e Bretaña.

Anos 1936-1939

Durante a Guerra dos Nacionalistas Españois, os fascistas hispanos organizan un xenocidio e asasinan intencionadamente a máis de 2000 líderes da política e cultura galega. O Galeguismo Histórico queda descabezado. Os que logran sobrevivir (Castelao, etc) fuxen principalmente á Arxentina. Un pequeno número do grupo conservador (Pedrayo, Filgueira, Rajoy, etc) líbranse da morte e quedan silenciados en Galiza. O Galeguismo Histórico termina completamente descabezado.

Anos 1939-1981

A ditadura nacionalista española reconvirte os temarios de estudo ao servizo da propaganda nacionalista hispana. Poténciase o mediterraneismo, o iberismo, o latinismo, o visigodismo, invéntase o mito de "La Reconquista de Don Pelayo", monopolízase o papel do Reino de Castela, etc, etc. Na propaganda nacionalista hispana desaparece calquer periodo histórico que sexa diferente do mediterraneismo-iberismo-latinismo-visigodismo-castelanismo (por exemplo, a cultura celta galaica, o Reino da Gallaecia sueva, e o Reino da Galiza medieval). A ditadura franquista envía a Galiza ao ideólogo e líder falangista Carlos Alonso del Real, para facerse cargo de aplicar os postulados da propaganda nacionalista hispana no ensino universitario galego (Universidade de Santiago de Compostela). Como xefe-catedrático de todos os estudos de Historia das Idades Antiga e Media, o falangista Del Real executa o temario propagandístico mediterraneista-iberista-latinista-visigodista-castelanista no que se formaron varias xerazóns de estudantes e profesores universitarios galegos. Del Real asegúrase de que durante todos eses anos, na USC non entre nen unha soa publicazón de estudos históricos, arqueolóxicos ou etnográficos irlandeses ou celtas, que non se faga nengún traballo ou estudo sobre a Galiza celta desde 1936. Os estudantes debían falar español, latín e grego, todas línguas mediterráneas, pero ninguén debía ter coñecimento da lingua inglesa. Sen saber inglés, os estudantes galegos quedaban isolados e ignorantes do que se estaba a facer en Irlanda e Gran Bretaña e no mundo civilizado, e eran obrigados a reorientarse a estudar as culturas mediterráneas. O falangista Del Real adicouse tamén a ridiculizar a cultura celta de Galiza como "una gallegada", afirmando que "Lo único celta que hay en Galicia son los celtas sin filtro".

Anos 1970-2006

Achegándose o fin da ditadura española, un pequeno grupo de vellos galeguistas sobreviventes ao holocausto de 1931-1936 tentaron reactivar o Partido Galeguista sen éxito. Os que si tiveron éxito foron un grupo de mozos xóvens, radicais, antifascistas, inspirados no Comunismo soviético-cubano e africano-descolonizador: a UPG. O movimento político comezado pola UPG non tiña conexión ideolóxica co Galeguismo Histórico (o Galeguismo Histórico era celtista, etnicista, democrático-liberal, e anti-comunista). Como movimento comunista, a UPG defendía que só debía existir unha clase humana: "la clase obrera", e que o fin último do comunismo era a abolizón das patrias e a criazón dunha "dictadura mundial del proletariado". Como tal, os ideólogos comunistas da UPG non sentían nengunha simpatía pola tradizón histórica e política galega que sentaba as bases da etnicidade galega na súa orixe Céltica e Atlántica (na Unión Soviética, os máis contrarios á Ditadura Comunista foron as nazóns étnicamente non-rusas: Estonia, Polonia, Letonia, Ucraina, etc, etc). Polo tanto, aos ideólogos comunistas galegos convíñalles mellor a idea dunha nazón "proletaria" similar a outras nazóns "proletarias" do mundo (Cuba, Perú, Nicaragua, Corea, Rusia, etc) e non a idea dunha nazón étnica atlántica similar a outras nazóns étnicas atlánticas como Irlanda, Escocia ou Gales, onde existían sistemas democráticos contrarios aos réximes dictatoriais totalitarios comunistas e nazistas. Como consecuencia, aos ideólogos comunistas galegos non lles conviña a idea de retomar a tradizón celto-atlantista galega, igual que tampouco lle conviña aos nacionalistas hispanos. Outra vez máis, españolismo e comunismo van unidos da man.

Anos 1981-2006

Canto terminou a dictadura franquista e se aprobou o II Estatuto de Autonomia de Galiza houbo unha pequena oportunidade para volver a restaurar os niveis políticos e culturais de 1936. Desgrazadamente, isto non foi posible porque (1) o Galeguismo Histórico, serio e atlántico, quedara completamente descabezado e foi incapaz de crear unha continuidade xerazonal de novos líderes galeguistas serios e atlánticos, (2) o espírito de "perdoar e esquecer" da "Transición" fixo imposible depurar dos seus postos a vellos franquistas instalados nas Universidades, nas Administrazóns, nos partidos, etc, e (3) a nova xerazón de "nacionalistas galegos", ideoloxizados pola Estrela Vermella comunista da UPG, era demasiado radical, hippie, antisistema, antiautonomía, e non estaba capacitada para exercer postos de responsabilidade e liderazgo na sociedade galega (os mozos da UPG andaban moi ocupados nos bares de Compostela -onde se fai política seria, non é?-, cantando canzóns cubano-comunistas en español, manifestándose en contra das Autoestradas, en contra da Autonomía, e facendo campaña eleitoral cos bascos de Herri Batasuna). Ese "nacionalismo galego" da Estrela Vermella comunista da UPG non estaba interesado en retomar a tradizón celto-atlantista galega, porque non lle conviña ideolóxicamente ao seu comunismo mundial, pero empregouse a fondo -eso si- para ligar a Galiza con países mediterráneos (Palestina, Sahara, etc) e hispano-caribeños (Cuba, Venezuela, etc). O falangista Carlos Alonso del Real estaría orgulloso do traballo da UPG. Os comunistas continuaron no eido político coa tarefa dos nacionalistas hipanos no eido cultural: alonxar a Galiza da tradizón celto-atlantista galega que non lle convén ideolóxicamente ao españolismo, e empregarse a fondo en ligar a Galiza con países mediterráneos e hispanoamericanos. O españolista Carlos Alonso del Real estaría orgulloso do traballo antiatlántico e prohispanomediterráneo da UPG.

Polo tanto, perdeuse unha oportunidade dourada para volver a retomar a tradizón histórica galega, e permitiuse continuar á corrente ideolóxica anti-atlantista e anti-celta da dictadura franquista. Nun casos porque non se substituiu a vellas figuras que chegaron a Galiza durante o periodo da ditadura española (p.e Antonio de La Peña, nacido en Pajares de los Oteros, Castela-León), noutros casos porque nos encontramos hoxe cunha xerazón de novos profesores que foron mal-educados no sistema propagandístico franquista, latinista e anticelta, de Alonso Del Real (Felipe Arias, Calo Lourido, etc), que apenas saben falar inglés e que ignoran completamente a cultura doutros países atlánticos como Irlanda e Gran Bretaña, e que por riba foron educados nunha ideoloxía política comunista que é hostil ao conceito das nacionalidades étnicas (lembren que hai só 15 anos a UPG opúñase a que as nacionalidades étnicas de Lituania, Letonia e Estonia proclamasen a súa independencia a respecto da dictadura da Unión Soviética).

Se ollamos con atenzón ao noso redor, observaremos que esta mesma situazón anti-galega persiste aínda a varios niveis. Nos estudos históricos escoitamos a certos individuos falar dunha Galicia ibero-mediterránea sen nada que ver co Atlántico. Nos estudos forestais escoitamos a certos individuos falar de que o eucalipto é bó para Galiza. Nos estudos económicos escoitamos a certos individuos falar de que Galiza non pode existir sen a esmola de España. Nos partidos políticos escoitamos a certos individuos que se negan a condear a ditadura nacionalista española. Na praza da Quintana, no corazón da nazón, en Santiago de Compostela, ainda hai un monumento adicado ao fascista nacionalista español Primo de Rivera. A situazón é doada de comprender: ainda vivimos hoxe as consecuencias da ditadura nacionalista española.

A soluzón depende de nós. Temos que formar líderes galegos conforme á tradizón Galeguista Histórica, líderes serios e Atlánticos, que saiban comprender á nosa nazón, e non teñan medo de asumir responsabilidades para liderar con intelixencia e situar a Galiza no lugar que lle corresponde: no Atlántico, en Europa, e cun asento na ONU. Líderes galegos nos estudos históricos, no sector forestal, na ciencia, na economía, na política... A todos os niveis. Gallaecia expects every man to do his duty.

Chuzame! chúzame -

O futuro da Europa, segundo o multiculturalismo esquerdista

agosto 29th, 2007

O futuro de Europa, segundo o multiculturalismo esquerdista

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=186

Chuzame! chúzame -

Terra Galega e Partido Galeguista: e agora, qué?

agosto 11th, 2007

Un proxecto nacional de centro / centrodireita... dividido entre dous partidos. Por qué? Por actitudes de egoismo e personalismo que prexudican a todos, especialmente a Galiza. Unha divisón inutil e un comportamente irresponsable dos líderes de PG e TG.

Nen o PG nen TG souberon explicarnos a nós, os cidadáns, o por qué desa desmoralizante divisón en dous partidos. O presidente de TG, Pablo Padín, apenas chegou a dicer que “no futuro estaremos co PG”. O secretario do PG, Manoel Soto, dixo de TG que “O PG admitirá a tódolos que veñan a traballar polo PG”.

Interpretando literalmente esas únicas declaracións deses dous políticos, un entende que TG ten vontade de achegamento mentres que o PG anda máis prepotente (que veñan eles a nós). Nunha entrevista n’A Nosa Terra, Pablo Padín apostaba por unha alianza PG-TG nas eleizóns municipais. Por qué esa alianza non se levou a cabo?

Nesa carreira eleitoral fratricida e suicida entre dous partidos de centro nacional, o PG apostou principalmente polas cidades e TG principalmente polo rural. TG gañou claramente, con 5 alcaldías e 60 concelleiros con responsabilidades de governo en varios concellos, mentres que o PG foi o grande derrotado sen acadar nengún concelleiro nas grandes cidades onde se apresentou.

E agora, que?

_

TG celebra o Día Nacional con patriotismo, mentres que o PG desaparece agachado en liortas internas.

Acto de Terra Galega no Monte Ancos, Dia Nacional da Galiza 2007

Despois das eleizóns municipais, as aparizóns públicas dos dous partidos foron escasas. Mentres TG andaba ocupada en organizar o seu novo e flamante poder municipal, o PG desapareceu completamente, lambendo as súas feridas. Isto puidose ver mui ben no Día Nacional da Galiza. TG organizou un acto patriótico no Monte Ancos, cun discurso nacional e optimista, ollando para o futuro. No entanto, o PG non celebrou sorprendentemente nengún acto (e se o celebrou, ninguén se enteirou). As duas únicas noticias que saíron ultimamente do PG foron do seu presidente Xabier González, anunciando que vai abandoar o seu posto, e do pouco afortunado Carlos Marcos, que repetindo erros anteriores, voltou a atacar a normalizazón do noso idioma nacional.

_

Razóns do fracaso do PG e o IX Congreso Nacional do PG

A culpa dos maos resultados do PG foi do PG e só do PG. Decidiron apostar ambiciosamente de primeiras por un macropartido de reconciliazón nacional que puidese acoller a xentes como os ex-vazquistas lacoruñeses (Carlos Marcos) e reciclase vellos políticos caídos en desreputación pública (Manoel Soto). Repito, esta aposta foi loable e digna, mais non funcionou, e aquí non vale fuxir e evitar responsabilidades. O PG apostou por unha estratexia que non funcionou.

Ao meu ver, o PG fixo un erro de cálculo. Esa estratexia utilizouna o nacionalismo catalán de tras a ditadura, e esa mesma estratexia tería funcionado na Galiza durante o Fraguismo… mais o PG seica non se deu conta que nas últimas eleizóns nacionais de 2005 comezou un cambio social na Galiza. Por unha banda, Fraguismo e Vazquismo (Carlos Marcos), ou caciquismo e nacionalismo español, entraron en decadencia. Por outra banda, os vellos políticos da década dos 1980 (Fraga, Beiras, Cacharro) comezaron a abandoar o liderazgo político, e aquí tamén tiña que terse retirado Manoel Soto. O PG apostou por un galeguismo de Pax Fraguiana, ambiguo, para colleitar votos de galeguistas e rexionalistas españois, mais esa extratexia xa non funcionou no ano 2007. No ano 2007 cada partido está definido ou especializado máis claramente nun tipo de eleitorado (o PP é máis españolista, o PSdG é máis federalista, o BNG é menos radical). O PG debería ter apostado por unha estratexia claramente nacional-centrista, mais decidiu apostar pola estratexia ambigua-fraguiana dos 80. O PG calculou mal. O PG apostou forte e perdeu forte.

O ridículo do PG non é que apostaran e perderan, é que: ou non souberon perder, ou non comprenderon a clara mensaxe da cidadanía. É ridículo pretender safarse de responsabilidades e de autocrítica como cando proprio Secretario Xeral do PG Manoel Soto bótalle as culpas do seu fracaso aos votantes dicindo que “Os vigueses non entenderon o meu proxecto”. Pois se cadra, a razón é todo o contrario: Vigo si que entendeu que o PG non foi capaz de entenderse con outra forza nacional-centrista como TG, e tampouco foi capaz de apresentar un líder renovado para o Vigo de hoxe. Neste caso, foi Manoel Soto (un nobre patriota a pesar de todo o que se leva dito contra el) o que non entendeu a Vigo.

Segundo o website do PG, están a preparar un IX Congreso Nacional de renovazón e incorporazón de sangue novo. A menos que no PG sexan cegos e xordos, terán que falar o porqué hai outro partido nacional de centro, TG, que por riba recibiu máis votos. Porqué TG recibiu máis votos? Porqué as siglas históricas do PG tiveron menos forza que a recente TG? Como todos os políticos, probablemente eles fuxan de autocríticas e recurran a botar a culpa a outros, a todos, menos a eles mesmos.

Continuarán no PG con esa política egoista, personalista, e irresponsable coa Matria de pensar antes nas siglas do seu partido que nos intereses nacionais da Galiza? Se no PG fosen responsables –e cónstame que hai xente patriota e responsable no PG- o IX Congreso Nacional tería que dar soluzón a estas perguntas: Qué erros se fixeron que non haberá que repetir? Porqué TG gañou e o PG perdeu? Qué é mais importante, a nazón ou unhas siglas? Qué hai que facer agora, por Galiza, para conformar un centro político nacional, unificado e forte?

_

Unha proposta de entendimento PG-TG

Os refundadores do PG refundaron o partido proclamándose herdeiros ideolóxicos do PG histórico, mentres que en TG proclamáronse herdeiros da Coalición Galega.

O proxecto de refundazón do PG foi ambicioso e nobre, mais non resultou. No PG hai xente moi boa e xenerosa como Xesús Suarez, Xaime da Pena, e moitos máis, que cren na nobre idea dun rexurdir do Partido Galeguista. Mais estas nobres persoas e patriotas do PG deberían por un momento reflexionar que se cadra este non é o momento histórico dun PG independente. Eu comparto a grandeza e a nobreza da idea dun renacer do PG, mais tamén comparto o pragmatismo e o éxito de TG, onde tamén hai patriotas bós e xenerosos como Pablo Padin e José Posada.

Ao mesmo tempo, detesto o comportamento irresponsable das persoas que causaron que o centro/centro-direita galego esté hoxe dividido en dous partidos. Esta irresponsabilidade ten que rematar xa, se de verdade teñen amor por GALIZA. Os galegos queremos menos personalismo, menos partidismo, e queremos máis país.

A TG os galegos patriotas pedímoslle Xenerosidade. TG foi moi paciente cun PG prepotente que lles pechou a porta no nariz varias veces mais, no nome dos intereses nacionais da Galiza, TG debe continuar a ser xenerosa cun PG que todos necesitamos porque ten muita boa xente.

Ao PG os galegos patriotas pedímoslle realismo, madurez, pragmatismo, intelixencia. Moita xente querería que o PG desaparecese para sempre. Eu non. Eu respeito a grandeza de ideas, de que haxa un referente nacional que trascenda os tempos, como os Fine Gael e Fianna Fail en Irlanda, o SNP en Escocia, ou o EAJ-PNV en Basconia, que van camiño dun século de existencia. A idea da supervivencia do PG é nobre e boa, mais sobre todo os patriotas queremos realismo e intelixencia. Agora non é momento de ir por libre, agora o que Galiza necesita é a unión de todo o centrismo-nacional galego.

Unha soluzón que sexa boa para os intereses nacionais da Galiza, e que ao tempo satisfaga os intereses partidistas de TG e PG, sería unha coaligazón dos dous partidos. O exemplo máis familiar é o que poden ver na Cataluña, onde hai dous partidos centristas: Unió Democràtica de Catalunya e Convergència Democràtica de Catalunya. O primeiro é un partido democristián-conservador e o segundo é un partido liberal-conservador. Os dous apreséntanse coaligados ás eleizóns como CiU. A unión fai a forza, e vexan todo o que CiU conseguiu xunta na política catalá nos últimos 20 anos. Separados non terían sido nada. Xuntos: tiveron a Generalitat, influiron no governo estatal, arrasaron nos concellos, e mesmo tiveron deputados europeos.

TG e PG poden facer unha coaligazón eleitoral. En política, a Oposizón une menos e desgasta máis que o Poder. Se TG e PG queren ser Poder, terán que unirse para evitar o desgaste e ser alternativa de Poder. Xuntos, o centrismo nacional galego poderá conseguir a Xunta e influir no governo estatal, arrasar nos concellos e mermo ter deputados europeos. Os galegos patriotas queremos que PG e TG pensen primeiro na Matria. Agora é o momento de estar xuntos e construir País. O día que Galiza teña un sistema político maduro e nacional poderemos permitirnos especializazóns políticas igual que nos mellores sistemas políticos democráticos europeos (Irlanda, Austria, Holanda, Escandinavia). Neste momento, non. Agora precisamos de grandes bloques nacionais, un de centro-esquerda (BNG) e un de centro-direita (TG-PG). Aos patriotas que hai en TG e PG pídolles que pensen primeiro na nosa nazón, porque somos moitos os galegos que queremos un voto util, que vaia a un partido nacional moderado e estamos fartos da política minifundista da sopa de letras. Agora é o momento de estar xuntos e construir País.

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=145&start=15

Chuzame! chúzame -

O comunismo trae o hispanismo á Galiza

xullo 30th, 2007

Comentaba un estimado contertulio do Forum Gallaecia que "É difícil darlle o meu voto ao BNG tendo ainda o seu cancro sen operar (UPG). Quizais por iso o nacionalismo ten cotas de poder tan limitadas na Galiza"

É natural que o actual "nacionalismo" comunista teña tan pouca cota de poder na Galiza.

Como vocés saberán, o 25 de Xullo, Día Nacional da Galiza, a UPG organiza unha manifestazón na Praza da Quintana, en Santiago. É unha manifestazón principalmente comunista, baixo a excusa do noso día nacional, na que a Bandeira Nacional é minoritaria, e maioritarias son as bandeiras vermellas comunistas (na foto, ademáis das bandeiras deturpadas coa estrela vermella comunista, hai bandeiras da dictadura da URSS e mesmo dun país árabe).

Comunistas e arabes primeiro, galegos despois

Vexamos cales son os grupos políticos “irmáns” que asistiron como convidados á manifestazón comunista da UPG na Praza da Quintana o 25 de Xullo de 2007:

“PARTIDO COMUNISTA DE CUBA”: No comment. Comunistas caribeño-cubanos, antiga colonia hispana e hispanofalante, e unha das últimas ditaduras tiránicas do mundo. Por suposto, hai que falarlles en Español.

“MOVIMIENTO BOLIVARIANO REVOLUCIONARIO”: Comunistas caribeño-venezolanos, antiga colonia hispana e hispanofalante. Por suposto, hai que falarlles en Español.

“DELEGACIÓN SAHARAUI PARA GALIZA”: Africanos-islámicos, antiga colonia hispana e hispanofalante (qué se lle perdeu a Galiza no Sahara?). Por suposto, hai que falarlles en Español.

“FRENTE AMPLIO”: Neo-comunistas de Uruguai, antiga colonia hispana e hispanofalante. Por suposto, hai que falarlles en Español.

“PARTIT SOCIALISTA DE MALLORCA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. “No son atlánticos, pero qué más dá, si es que todos somos españoles!”.

“UNIÓ MALLORQUINA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. “Los invitamos porque nos une una cultura: la española”.

“BLOC NACIONALISTA VALENCIÁ”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. “A Galicia y Valencia nos une el Mediterráneo y la cultura española”.

“ESQUERRA REPUBLICANA DE CATALUNYA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. Outra máis.

“CONVERGÉNCIA I UNIÓ DE CATALUNYA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español.

“NAFARROA BAI”: Nazón ibero-mesetaria, parte do Estado Español.

“EUSKO ALKARTASUNA”: Outra nazón parte do Estado Español.

“PARTIDO NACIONALISTA VASCO”: Máis outra nazón parte do Estado Español.

“PARTIDO COMUNISTA PORTUGUES”: Comunistas e lusos. No comment.

“BLOCO DE ESQUERDA”: Neo-comunistas e lusos. Máis iberismo.

“PARTIDO COMUNISTA DO BRASIL”: Máis comunistas e máis colonialismo lusitano.

“PARTIDO DOS TRABALHADORES” Neo-comunistas do Brasil. Máis neocomunismo e máis colonialismo lusitano.

16 partidos políticos convidados. Todos eles tén relazón ou co Comunismo ou con España.

Mas non se autodeclaraba a UPG como un partido “nacionalista” galego, e por tanto Europeo e Atlántico?

Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido irlandés? Non.

Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido escocés? Non.

Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido galés? Non.

Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido cornuallés? Non.

Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido bretón? Non.

No século XXI, a UPG-BNG sigue negándose a manter relazóns políticas normalizadas con partidos dos países celtas e atlánticos.

A UPG-BNG síguelles importando máis o Sahara, o Caribe comunista, as favelas do Amazonas e o Mediterráneo.

Por qué?

Porque o Comunismo = Españolismo



Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?p=1409

Chuzame! chúzame -

O PP madridista de Feijóo vai pasar os boinas pola guillotina

xuño 1st, 2007

Consecuencias das eleizóns municipais:

N'A Voz de Galicia, 31 de Maio de 2007:

O presidente do PPdeG aposta por trasladar aos municipios máis pequenos a "renovación" do partido.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, asegurou que o seu partido descoidou» o voto no rural, onde obtiveron un resultado «inferior ao previsto», e apostou por trasladar aos municipios máis pequenos a renovación do partido que levou ao PP a ser «o partido das cidades».

Cacharro is dead. Baltar is next

Cacharro Pardo R.I.P.

Canto tardará agora o novo PP madridista de Feijóo en pasarlle a guillotina a Baltar?

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=395

Chuzame! chúzame -

Estámoslle nós mesmos a impor límites ao nacionalismo galego?

xuño 1st, 2007

Gostaria lanzar tres perguntas ao ar:

Unha: Lémbranse vocés que os dous partidos que forman CiU formáronse con militantes nacionalistas cataláns, rexionalistas cataláns, e mesmo xente que proviña do franquismo? Se aquí todos falamos de CiU como un exemplo de partido nacionalista de centro para a Galiza e recoñecemos que durante os seus anos de governo a Cataluña avanzou moito a nivel económico e de identidade nacional, por qué é que ao mesmo tempo algúns están a condear que haxa xente ex-PP en TEGA e ex-PSdG no PG? Non estarán sendo demasiado autocríticos coa nosa xente? Non estaremos nós mesmos a pór límites ao nacionalismo galego?

Dúas: O obxectivo dun movimento político é de convencer e atraer xente para traballar a prol do seu modelo de sociedade ou ideario político. Segundo esta lóxica, deveriamos celebrar que forzas autodenominadas “nacionalistas de centro”sexan capaces de atraer capital político, apoios e votos de partes diversas da sociedade, non si? En cambio, aquí algúns están a condear que partidos como TEGA “nacionalistas de centro” ou PG “partido nacional da Galicia” sexan capaces de chegar a sectores onde o nacionalismo do BNG antes non chegara. Non estarán sendo demasiado autocríticos coa nosa xente? Non estaremos nós mesmos a pór límites ao nacionalismo galego?

Tres: Se Chano Rodríguez (Vigo) deixa o comunismo hispano do GRAPO e entra no BNG, véndenolo como algo “democrático”. Se Teresa Barge (A Bola) deixa o PP para entrar no BNG, véndenolo como algo positivo. En troques, se xente ex-PP ou ex-PSdG entran en TEGA “nacionalistas de centro” ou no PG “partido nacional da Galicia”, de súpeto algúns din que é unha traizón ao nacionalismo galego. Por que estas dúas diferentes medidas? Non estaremos nós mesmos a pór límites ao nacionalismo galego?

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=394

Chuzame! chúzame -
« Previous PageNext Page »

Anotacións recentes

Etiquetas

Anthosia3c sponsored by Seven Jeans for all Mankind