Nacionalistas galegos: Non existe excusa para non votar
O 1-M os nacionalistas galegos temos unha oportunidade máis para mellorar a nosa nazón.
O traballo dos nacionalistas galegos de hoxe é deixar un país máis soberano, máis rico e menos dependente para que os nacionalistas galegos de mañá poidan seguir avanzando no noso obxectivo: un Estado Galego no que poida autogovernarse e viver ben a nazón galega.
O proceso de soberania nacional é longo. Os nosos fillos irlandeses tardaron case 1000 anos en obter un Estado de seu. Cambiar un país é un traballo titánico que require o esforzo diario de todos os nacionalistas, durante varias xerazóns, e con moita intelixencia.
A estratexia intelixente actual é ter un governo que continúe desenvolvendo a autonomia política e económica da nazón. A estratexia intelixente actual é manter ao partido nacionalista hispano lonxe do governo da Galiza e das vidas dos galegos.
A estratexia intelixente actual é ir aumentando deputados de partidos nacionais no Parlamento Nacional e ir disminuindo a vasalaxe dos partidos hispanos.
Desconfíen vocés dos ultras (de ultra-esquerda e ultra-direita) que se autoproclaman "nacionalistas" mas que logo procuran excusas para non ir votar a forzas nacionais galegas. Esa non é unha actitude nacionalista. É unha soberbia sectaria que apenas serve os intereses da ultrasecta, non os intereses da nazón galega.
O 1-M os nacionalistas galegos votaremos ao BNG ou a Terra Galega para que no Parlamento Nacional haxa máis voces e máis votos que sirvan para ir avanzando no noso obxectivo: un Estado Galego no que poida autogovernarse e viver ben a nazón galega.