A Misa de Rosalía: outro exemplo de sabotaxes comunistas ao Nacionalismo Galego
Mal que lles pese aos neosoviets da UPG, os nacionalistas galegos seguiremos celebrando con orgullo este tradicional acto patriótico NACIONALISTA GALEGO, pese á infame sabotaxe que nos fixeron o ano pasado.
Déixolles aquí este artigo de protesta publicado en O Correo Galego o pasado ano polo patriota Marcelino Agís, onde denunciaba sutilmente o perigo de seguir a ter un nacionalismo galego secuestrado por un partido comunista ("O que non logrou o franquismo, acaba de logralo a "---").
| Marcelino Agís escreveu: |
| A Misa de RosalíaO que non logrou o franquismo, nin a desorientación dos primeiros anos da transición, acaba de logralo a Fundación Rosalía de Castro: cargarse a Misa de Rosalía que se celebraba cada 25 de xullo, Día de Galicia, en Bonaval.
Manuel María no seu artigo Pequena historia dá Misa de Rosalía, publicado nun monográfico da Nosa Terra dedicado a Rosalía, sitúa os seus inicios nos anos 1949-50. Con todo, hai fontes documentais que acreditan a súa orixe con anterioridade á Guerra Civil. Fontes que manexa Carlos Baliñas no seu libro Rosalía de Castro: entre a poesía e a política ao falar desta Misa. En canto á súa significación, era, desde logo, un oficio relixioso pero ao que se lle daba un sentido político e patriótico. En realidade, durante anos foi o único acto de afirmación pública do galeguismo. E, deste xeito, do pequeno grupo de asistentes dos primeiros tempos, pasouse a unha ampla participación, sobre todo a partir de 1949, cando se fai cargo da súa organización o Padroado Rosalía de Castro. Era, escribe Baliñas, "concentración anual de galeguistas, mesmo non crentes". Nesta Misa predicou por primeira vez un bispo en lingua galega e anos máis tarde celebraríase tamén neste marco a primeira liturxia en galego. Os sermóns servían non só como expresión de relixiosidade, senón tamén de compromiso coa cultura, a lingua e a realidade de Galicia. Por que deixou de organizala a Fundación dedicada a engrandecer o nome de Rosalía? A que responde esta afronta que se fai a toda Galicia? |
Lembren 1984: eses FASCISTAS neosoviets reventaran un acto solemne de honor a Castelao, porque para eles no fondo o patriotismo importáballes un bledo; o que querían era montar barullo "proletario", axitar e sair na tele, ainda que o país quedase a unha altura terceiromundista. Velaquí unha actitude moi SECTARIA COMUNISTA e moi pouco NACIONALISTA GALEGA.
En 2007, cos neosoviets da UPG na Xunta entrando como parásitos dunha coaligazón democrática (BNG), moven os fíos na Fundación Rosalía de Castro para que coa máis grande alevosía e premeditazón, no último momento, non se celebre un acto de fe NACIONALISTA GALEGO, unha das poucas demostrazóns de que o noso NACIONALISMO GALEGO seguía vivo e que foi acto de encontro ao longo de moitos anos. Hai 20 anos os comunistas sabotearon o retorno de Castelao montando barullo terceiromundista na rúa, o ano pasado esa mesma xente saboteou a Misa a Rosalía desde os despachos.
Por que? Pois porque a Misa á Santiña é un dos poucos actos tradicionais do NACIONALISMO GALEGO que se resistiu a ser secuestrado polos da fouce e martelo.
E xa saben vostedes a lóxica socialista: ou estás comigo ou estás contra min. Retorno de Castelao no 1984 e Misa de Rosalía no 2007. Velaquí outra vez a mesma actitude moi SECTARIA COMUNISTA e moi pouco NACIONALISTA GALEGA.
Lograron os comunistas o que non logrou o franquismo? Non. A pesar da sabotaxe neosoviet do ano pasado, este ano 2008 un grupo de NACIONALISTAS GALEGOS encargámonos de que non se volva a repetir o boicot SECTARIO dos comunistas upegallos. Volvemos a "Honrar a Galiza honrando a Rosalía", como se ven facendo desde 1932, por moito que lles pese aos españolistas e comunistas.
Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=766