Galaico e Conservador

U-las manifestacións “esquerdistas” en contra da invasión rusa de Xeorxia?

agosto 15th, 2008

BENVIDOS AO COMUNISMO DO SÉCULO XXI

Benvidos ao comunismo do século XX

Xeorxia, Finlandia, Lituania, Estonia, Letonia, Polonia, Ucraina, Romania, Hungria, Checoslovaquia, Afganistán, Chechenia...

Non deixa de ser curioso como esta "esquerda nacionalista", supostamente tan valedora do "anti-imperialismo" e da "autodeterminazón dos povos", cala a boca ben caladiña e mantense firme e lonxe da pancarta no entanto os tanques e as bombas sexan da patria ideolóxica do Comunismo.

Iso chámase HIPOCRESIA.

Fago un chamamento a todos os upegallos e demáis xente da sopa de letras neosoviet a que organicen unha manifestazón en protesta da invasión rusa de Xeorxia.

Ou é que só saides á rúa cando os que invaden son exércitos americanos e europeos?


Bandeira do Exército da Unión Soviética

Benvidos ao comunismo do século XX

Comunismo do século XXI

Poden comentar este artigo no Forum-Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=810

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Misa de Rosalía: outro exemplo de sabotaxes comunistas ao Nacionalismo Galego

agosto 15th, 2008

Mal que lles pese aos neosoviets da UPG, os nacionalistas galegos seguiremos celebrando con orgullo este tradicional acto patriótico NACIONALISTA GALEGO, pese á infame sabotaxe que nos fixeron o ano pasado.

Déixolles aquí este artigo de protesta publicado en O Correo Galego o pasado ano polo patriota Marcelino Agís, onde denunciaba sutilmente o perigo de seguir a ter un nacionalismo galego secuestrado por un partido comunista ("O que non logrou o franquismo, acaba de logralo a "---").

Marcelino Agís escreveu:
A Misa de RosalíaO que non logrou o franquismo, nin a desorientación dos primeiros anos da transición, acaba de logralo a Fundación Rosalía de Castro: cargarse a Misa de Rosalía que se celebraba cada 25 de xullo, Día de Galicia, en Bonaval.

Manuel María no seu artigo Pequena historia dá Misa de Rosalía, publicado nun monográfico da Nosa Terra dedicado a Rosalía, sitúa os seus inicios nos anos 1949-50. Con todo, hai fontes documentais que acreditan a súa orixe con anterioridade á Guerra Civil. Fontes que manexa Carlos Baliñas no seu libro Rosalía de Castro: entre a poesía e a política ao falar desta Misa. En canto á súa significación, era, desde logo, un oficio relixioso pero ao que se lle daba un sentido político e patriótico.

En realidade, durante anos foi o único acto de afirmación pública do galeguismo.

E, deste xeito, do pequeno grupo de asistentes dos primeiros tempos, pasouse a unha ampla participación, sobre todo a partir de 1949, cando se fai cargo da súa organización o Padroado Rosalía de Castro. Era, escribe Baliñas, "concentración anual de galeguistas, mesmo non crentes".

Nesta Misa predicou por primeira vez un bispo en lingua galega e anos máis tarde celebraríase tamén neste marco a primeira liturxia en galego.

Os sermóns servían non só como expresión de relixiosidade, senón tamén de compromiso coa cultura, a lingua e a realidade de Galicia.

Por que deixou de organizala a Fundación dedicada a engrandecer o nome de Rosalía? A que responde esta afronta que se fai a toda Galicia?

Lembren 1984: eses FASCISTAS neosoviets reventaran un acto solemne de honor a Castelao, porque para eles no fondo o patriotismo importáballes un bledo; o que querían era montar barullo "proletario", axitar e sair na tele, ainda que o país quedase a unha altura terceiromundista. Velaquí unha actitude moi SECTARIA COMUNISTA e moi pouco NACIONALISTA GALEGA.

En 2007, cos neosoviets da UPG na Xunta entrando como parásitos dunha coaligazón democrática (BNG), moven os fíos na Fundación Rosalía de Castro para que coa máis grande alevosía e premeditazón, no último momento, non se celebre un acto de fe NACIONALISTA GALEGO, unha das poucas demostrazóns de que o noso NACIONALISMO GALEGO seguía vivo e que foi acto de encontro ao longo de moitos anos. Hai 20 anos os comunistas sabotearon o retorno de Castelao montando barullo terceiromundista na rúa, o ano pasado esa mesma xente saboteou a Misa a Rosalía desde os despachos.

Por que? Pois porque a Misa á Santiña é un dos poucos actos tradicionais do NACIONALISMO GALEGO que se resistiu a ser secuestrado polos da fouce e martelo.

E xa saben vostedes a lóxica socialista: ou estás comigo ou estás contra min. Retorno de Castelao no 1984 e Misa de Rosalía no 2007. Velaquí outra vez a mesma actitude moi SECTARIA COMUNISTA e moi pouco NACIONALISTA GALEGA.

Lograron os comunistas o que non logrou o franquismo? Non. A pesar da sabotaxe neosoviet do ano pasado, este ano 2008 un grupo de NACIONALISTAS GALEGOS encargámonos de que non se volva a repetir o boicot SECTARIO dos comunistas upegallos. Volvemos a "Honrar a Galiza honrando a Rosalía", como se ven facendo desde 1932, por moito que lles pese aos españolistas e comunistas.

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=766

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Volta de Castelao a Galiza e sabotaxe comunista a un acto nacionalista galego

agosto 15th, 2008

Neste video (http://www.youtube.com/watch?v=2y_NEsFeQq4) poden comprobar un dos momentos máis infames da historia do Comunismo na Galiza.

Era unha ocasón solene para os nacionalistas galegos: a volta dos restos do Patriota Castelao a Galiza, para ser soterrado no Panteón de Galegos Ilustres de Bonaval, Santiago.

Aquel día eu quedara sen palabras ao comprobar (como desgraciadamente moitos temíamos) que un acto tan solemne como a volta de Castelao foi secuestrado pola minoria de imbéciles de sempre para montar a sua particular "revolución de outubro".

O Governo lexítimo da Galiza fixera as xestions necesarias en nome da nazón para repatriar os restos do Patriota Castelao á Mátria. Un grupo numeroso de patriotas de ben reuníramonos para dar a benvida, con respeito e honores, ao cadaleito do Patriota.

E que pasou? Vexan vostedes no vídeo aos comunistas berrando, montando barullo e dándolle ao puño sectario e FASCISTA, si: FASCISTAS, da ditadura do "proletariado", acudindo a un acto GALEGO NACIONAL (non partidista) para montar guerra e non respecto.

Non se deixen enganar, cabaleiros. A eses gamberros, revoltosos, sectarios, lacazáns e FASCISTAS tanto lles tiña que dentro do cadaleito estivese Castelao ou Lenin ou La Bella Otero. Para eles, era unha ocasión máis para saír á rua a berrar, facer ruido, montar barullo, e emborracharse logo na taberna congratulándose do éxito deste pequeniño asalto ao Palácio de Inverno.

Para a maioría dos que estabamos aló para honrar ao irmán Daniel, era unha ocasión para mostrar respecto, silenzo, honor e admirazón.

As cámaras, por suposto, mostran a minoría de gamberros soviéticos que reventaron o acto. Espectáculo penoso! Terceiromundista!

Por suposto, aos neosoviets tanto lle tiña (ou non, porque así obtiñan na televisón unha representazón moito maior da que o pobo lle deu nas eleizóns de 1981).

Convido ao leitor a que observe a maioria de patriotas respectuosos que aló estabamos, os que non saímos nas imaxes da cámara, os que estaban dentro na cerimonia, e os moitos que estaban fóra a carón deses imbéciles totalitarios e que tiveron que escapar (por culpa dos soviéticos) para non receber golpes inxustos da policia.

O comunismo é incompatible co patriotismo de verdade, PATRIOTISMO NACIONAL GALEGO, de galegos que queren a Galiza por riba de calquer diferenza ideolóxica.

Nese video o que poden ver vocés é como uns imbéciles sectarios neosoviéticos luxaron con violencia e terceiromundismo un acto NACIONAL galego no que o que había que mostrar non era ruido e puños comunistas senón respecto, silenzo e honor.

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=766

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Anotacións recentes

Etiquetas

Anthosia3c sponsored by Seven Jeans for all Mankind