Galaico e Conservador

Descerebrados neosoviets caen na trampa dos españolistas

abril 21st, 2008

O pasado mes de febreiro o nacionalismo hispano recebeu dous empurróns publicitarios grazas á estúpida colaborazón dos típicos descerebrados de sempre.

Na Coruña, unha ridícula manifestazón de catro gatos hispanos contra a lingua galega, que tería pasado desapercibida, chegou ao máis alto dos titulares da prensa galega grazas a un grupo de hippies que caeu na trampa dos españolistas.

En Santiago, unha conferencia dunha política bascoespañola, na que apenas había viste persoas aburridas, gañou todos os titulares da prensa durante dous días grazas, de novo, á inestimable axuda dos neocommies.

Eses hippies descerebrados deben de ter abusado tanto das drogas que o cerebro non lles dá para comprender que o nacionalismo hispano fai este tipo de cousas para gañar publicidade gratuita. Eles saben que contarán coa desinteresada colaborazón dos descerebrados para que se monte un barullo e logo poder asociar: "independentismo" = "violencia"

O nacionalismo galego é mellor que o destes neosoviets, hippies drogados, pseudopatriotas de taverna:

e que o destes ultranacionalistas hispanos:

A ultranacionalista hispana María San Gil, insultando ao cristián-demócrata basco Josu Jon Imaz, con berros de “asesino”. A mesma María San Gil que dixo “Con Franco vivíamos en paz”.

O nacionalismo galego debe ser mellor que o deses descerebrados de ultraesquerda e de ultradireita.

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=620

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Eu tamén quero 12.000 euros e unha vivenda de protección oficial

abril 6th, 2008

Cando os políticos baixen do coche oficial e se dignen a falar coa xente normal, pidámoslles igualdade de dereitos:

Nós tamén queremos 12.000 euros, créditos brandos, subvencións a fondo perdido, e unha vivenda oficial de regalo, como sinalou nun xornal coruñes o columnista Segundo Pardo:

Penamoa: desaloxo, reacollo e subvención

Alá polos anos 1984/1985, sendo o actual embaixador de España na Santa Sé alcalde da Coruña, con perdón "Alalala... Coruña", existía un poboado de chabolas situado nos terreos da antiga estación de ferrocarril (zona da Gaiteira) que se desaloxou permitindo o traslado e reacollo daquelas familias en Penamoa. Desde tal data, o conflito que hoxe estamos vivindo e padecendo nada ten de novo, porque cando non se toman as medidas adecuadas e permítese, consente e bendí a recolocación de colectivos, sexan ou non marxinais, no perímetro de crecemento da cidade, estase constriñendo a súa expansión creando problemas para o seu desenvolvemento, co agravante que as solucións de última hora provocan friccións e enfrontamentos que en nada benefician a convivencia entre os distintos sectores da poboación.

Por outra banda non é de recibo que sempre sexa a maioría a que ten que pasar polo aro cando se trata de recolocar aos chabolistas, na súa maioría de raza xitana, que, naturalmente, teñen dereitos e obrigacións como calquera cidadán, pero aqueles pagan relixiosamente os seus impostos, piden créditos para comprar a súa vivenda, aguantan procesos de sorteos e outras zarandajas devidas da esixencia de presentación de documentación acreditativa que lles permita optar a tales concursos.

Cantos xitanos fan declaración de renda?, cantos pagan impostos pola ocupación de terreos para os seus chamados negocios de despezamentos?, cantos son profesionais cualificados? Debemos supor que polo menos si pagan impostos pola colocación de postos en feiras e festas. Pero acreditan ante Facenda os seus ingresos?, é todo o que gañan diñeiro negro? Porque aquí non vale recorrer aos artistas da copla, o cante grande, a bailaora ou o bailaor, ata a uns poucos profesionais universitarios e con formación regulada que tamén os hai.

É moito máis cómodo e fácil acusar aos payos de racismo e desprezo ao diferente; pero habería que preguntarse, por que estes señores (pobo nómade con idioma propio, o romaní, procedente do noroeste da India que entraron en Europa a partir do século V e en ondas importantes no século XI) non adaptaron o seu modus vivendi e operandi ao dos países que elixiron para establecerse?, por que en vez do constante nomadeo, non se asentaron e funcionaron como un colectivo étnico diferente pero integrado?

Pasados os tempos de persecucións e represalias, Europa é diferente, todos os países son democracias consolidadas e aquí e agora, a Constitución, estableceu un sistema educativo que marca o dereito a unha educación obrigatoria e gratuíta, garantida polo Estado que permite, que os mozos xitanos, alcancen unha formación necesaria para integrarse nos plans de inserción laboral. Por suposto non imos falar da discriminación que sofre a muller xitana dentro do seu propios clans, nin do "prezo da noiva", nin do Kris (especie de xulgado que dirime cuestións relativas ás costume xitanas), porque é evidente que os payos sempre seremos os malos da película.

Retomando Penamoa, hai cuestións que para este columnista son un auténtico misterio:

primeiro, cantos son xitanos e cantos non;
segundo, a policía ten que saber que familias dedícanse ao tráfico de drogas e esas non poden ser reacollidas e si expulsadas;

Segundo o responsable do Concello hai no asentamento 150 familias, hoxe o portavoz daquela comunidade di que son 600 ou 700, dentro dunha semana haberá 1.000 ou 1.500, apostamos?

Non me atrevo a preguntar onde se pretende reacoller tal continxente humano pero si reclamo para os parados de longa duración, as viúvas, viúvos, pensionistas, xubilados e desafiuzados as mesmas axudas que se lle ofrecen aos xitanos:

- subvencións de 12.000 euros por deixar a chabola

- créditos brandos da Xunta

- axudas a fondo perdido

- a oportunidade de acceder a unha vivenda de protección oficial sen cumprir os requisitos esixidos polos organismos competentes

POLA CONTRA, CONSIDERO QUE CALQUER PAYO DEBE, PODE, E TEN QUE CONSIDERARSE MARXINADO.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Necesita realmente a Galiza os niveis actuais de inmigrazón masiva?

abril 5th, 2008

Desde unha perspectiva estritamente económica:

Necesita realmente a Galiza os niveis actuais de inmigrazón masiva?

Por unha banda temos isto:

Once de cada cien nuevos empleos en Galicia son para extranjeros
El Correo Gallego

Por outra banda temos estoutro:

Once mil jóvenes cualificados dejan cada año Galicia para trabajar en otras comunidades
Faro de Vigo

Madrid e Canarias recibiron 30.000 traballadores galegos no 2006
Segundo o informe do Inem, un de cada catro faino para empregarse no sector da construción
A Voz de Galicia

Galicia exporta albaneis e camareiros a Canarias e impórtaos de Sudamérica
A Voz de Galicia

Máis de 30.600 familias da área de Vigo viven sumidas na pobreza
A Voz de Galicia

Dous de cada dez adultos galegos, por baixo do limiar da pobreza
Galicia Hoxe

É unha cousa fácil de comprender. Un 11% dos empregos son tomados por extranxeiros. Ao mesmo tempo, os galegos teñen que marchar do seu país porque aquí non hai emprego de abondo e/ou emprego en condizóns aceptables.

Por qué temos que enviar Galegos ao extranxeiro para facer traballos que ben poderían facer aquí, cando a nosa taxa de paro na Galiza é de case un 8%?

Por qué o Governo socialista Galego permite ese "dumping" de man de obra superbarata que obriga a marchar ao extranxeiro a milleiros de cidadáns galegos? Cidadáns galegos que poderían estar contribuindo á Seguridade Social na Galiza, pagando os seus impostos na Galiza, e creando unha familia na Galiza?

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=605

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Alfredo Brañas (1859-1900)

abril 5th, 2008

Resumo dun interesante artigo biográfico sobre o grande patriota Alfredo Brañas, escrito por José Barros Guede:

Alfredo Brañas

Alfredo Brañas, catedrático de universidade, avogado, gran orador, áxil xornalista, escritor fecundo e promotor galego, desenvolveu un intenso labor oratorio, literario, xornalístico, rexionalisto, social e católico en favor da Galiza. Xunto con Manuel Murguía son os dous ideólogos do movimento do Rexionalismo galego, cuxo primeiro precursor foi Antolín Faraldo co seu Provincialismo.

Curros Enríquez dixo de Alfredo Brañas, "reúne excepcionalísimas e admirables condicións, gallardo, continente, vasta ilustración, palabra abundante e persuasiva, imaxinación poderosa, fe e entusiasmo pola causa que defende, incansable vontade, todo, en fin, canto pode facer dun home un ser providencial, un elixido de Deus para iniciar unha época e empuxar á sociedade polo camiño da civilización". Afonso R. Castelao chamáballe "gran patriota e home extraordinario".

Alfredo Brañas nace en Carballo, Coruña, o 11 de xaneiro de 1859. Ao pouco tempo de nacer, o seu pai, rexistrador da propiedade, trasládase a Cambados, onde o seu fillo trascurre parte da súa nenez. Orfo de pai, estuda bacharelato en Santiago de Compostela entre os anos 1869 a 1873 e posteriormente Dereito na Universidade desta cidade, grazas ás axudas económicas dunha boa señora, nai dun amigo seu, e escribe no xornal El Porvenir, de ideoloxía católico tradicionalista. En 1878, obtén o grao de licenciado nesta disciplina. Regresa a Cambados e traballa nunha notaría.

En 1881, volve a Santiago de Compostela para colaborar no xornal, Libredón, sucesor ideolóxico de El Porvenir, onde será o seu director entre os anos 1885 ao 1887. Exerce de avogado. Funda Instituto Católico, Ateneo León XIII, e é membro destacado do Círculo Católico Obrero. Nomeado secretario xeral da Universidade compostelá entre os anos 1884 a 1885, colabora nos xornais, El Pensamiento de Galicia, El Eco de Santiago, La Gaceta de Galicia e El País Gallego.

Nestes anos escribe poesías e obtén varios premios polos seus poemas nos Certames Literarios da Coruña por O Avellón, de Pontevedra por A véspera de Xuan e de Ourense con motivo da inauguración do monumento dedicado ao P. Feijoo por Brinde a Maruxiña, Aire Gallego e polo famoso tema ¡Como Irlanda!

En 1887, obtén a cátedra de Dereito Natural da Universidade de Oviedo, onde publica Fundamentos del Derecho de la Propiedad. En 1888, regresa a Santiago de Compostela ao obter a cátedra universitaria de Economía e Facenda Pública. En 1889, publica en galego a poesía, ¡Lembranza!, na Gaceta de Galicia, dedicada a Rosalía de Castro, á que chama Ruiseñor d'os eidos de Iria.

Neste mesmo ano de 1889 publica en Barcelona a súa importante obra, El Regionalismo. Estudo sociolóxico, histórico e literario que transmite un gran amor patriótico cara a Galiza, sendo moi ben aceptada por todos os políticos Rexionalistas e polo público en xeral, sobre todo na Galiza e Cataluña.

Entre os anos 1890 a 1891 é concelleiro do concello de Santiago. Participa na Asociación Regionalista Galega, escribe no seu órgano de comunicación social, La Patria Gallega, e participa nos Xogos Florais de Tui cun discurso en galego.

Por diferenzas ideolóxicas con Manuel Murguía, que mantiña un Rexionalismo laico e liberal fronte ao seu Rexionalismo católico e tradicional, sepárase, en decembro de 1891, deixando de colaborar en devandito xornal, o que dá lugar á desaparición de devandita asociación. En 1892, publica La crisis de la época presente y la descentralización regional, e redacta as Bases generales del Regionalismo y de su aplicación a Galicia.

En 1893, dirixe os Xogos Florais de Barcelona. Anteriormente, comparara o Rexionalismo galego co catalán no xornal La Renaixenxa. En 1894, publica Historia Económica e, en 1896, Curso de Hacienda Publica, e o drama La voz de la Sangre y la Voz de la Patria.

A crise política pola que atravesa Hespaña, en 1898, como consecuencia da independencia de Cuba, provoca nel un achegamento ao Carlismo que anteriormente criticara. Neste mesmo ano, participa xunto con todos os Rexionalistas na mobilización contra o traslado de Capitanía Xeral de Galicia, sita en Coruña, a León.

Falece o 21 de febreiro de 1900, en Santiago de Compostela, á idade de 40 anos. Os seus restos mortais foron traslados ao Panteón dos Galegos Ilustres no templo de santo Domingo, en cuxa tumba ler a seguinte inscrición: Aquí yaz Alfredo Brañas, bo cristiano, agarimo da terra galega, sabido maeso na Escola compostelán. Deus ou teña no ceo. Naceu janeiro 11.1859. Finou febreiro 21-1900.

Para Alfredo Brañas, Galiza é, desde os tempos, un país independente que conserva a fisionomía especial dos pobos celtas e suevos que constitúen a personalidade, o carácter e o tipo esencial dos galegos.

Escribe no seu soado estudo, El Regionalismo, "Galicia abandonada aos seus propios esforzos, vítima do desprezo e do esquecemento a que a condenan os seus fillos espurios, e a pesar desta angustiosa situación, levántase nobre altivez e loita valerosamente pola súa perdida independencia".

Continúa: "Galicia e Cataluña son as dúas rexións que máis se afanan pola súa independencia e liberdade..., pero mentres Galicia, pobre e malpocada, érguese do po da súa humillación e dirixe clamorosas protestas aos seus verdugos por medio do seu os seus poetas, Cataluña rica e poderosa non suplica nin chora, esixe e manda, non emigra nin se empobrece, pobóase e atesoura. Mentres Galicia fíxose e continua débil e impotente pola división e a envexa dos seus fillos, Cataluña, forte e poderosa pola súa unión, solidariedade e cohesión que entre os seus fillos reina".

A causa dos males e atrasos económicos e sociais de Galicia son, segundo el, "a carencia de todo sentimento de unión e fraternidade entre os galegos, a súa ausencia de iniciativa e de empresa e a apertada nube de langostas oficiais, un verdadeiro exército de muñidores electores, secretarios, escribentes de Municipio e Xulgados, letrados de aldea, recadadores e misionados, todos eles dependentes do cacique provincial e este ligado ao deputado xeral a Cortes, donos de vidas e facendas galegas".

Critica o individualismo porque todo o subordina ao interese persoal, e o socialismo porque todo o submete ao poder do Estado. Defende un rexionalismo de carácter social católico e tradicionalista, baseado na familia, o municipio e o país.

Afirma que a economía cristiá baséase na propiedade individual, no traballo como a orixe da riqueza, na liberdade como condición indispensable para a produción e no cambio.

COMO EN IRLANDA

Érguete labrego, érguete e anda,
como en Irlanda, como en Irlanda.

Alí de O’Connell, vibrou o acento,
e o fero Parnell, prestoulle alento.

Alí os labregos, cultivadores,
eran escravos, dos seus señores,
e agora libres, rexenerados,
van en camiño de ser salvados

Alfredo Brañas

DEUS FRATESQUE GALLAECIA

Casta dos celtas, esperta axiña!
Ergue do fango da escravitú!
Patria da y-alma, teus ceibes cantos
Henchan o mundo de Norte Sul!

Dos meus pasados bendita terra,
Nai amorosa da miña Nai,
Creva as cadeas que te asoballan
E cingue a croa da libertá!

Cantai, galegos,
O hino xigante
Dos pobos libres,
Dos pobos grandes;
Cantai, galegos,
A idea santa
Da independenza
Da nosa Patria

Alfredo Brañas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“O meu soño sería ver algún día a Galicia gobernada por si mesma”

abril 5th, 2008

Xoán Gato, alcalde de Narón e coordinador xeral de TERRA GALEGA

Xoán Gato é Coordinador Xeral de Terra Galega e alcalde de Narón desde hai 22 anos. Ao longo de todos estes anos, él e o seu equipo de goberno converteron a este municipio nun referente en canto a xeración de riqueza e benestar social para os veciños. Nesta entrevista, Gato, ademais de facer un breve repaso da súa traxectoria no pasado e destes últimos anos de autonomía, nos conta a súa opinión sobre a situación actual da nosa terra

Ti empezaches na política haxa máis de trinta anos. Cómo era daquela a sociedade galega? Había moitas diferenzas entre a Galicia de hoxe en día e a Galicia dos anos 70?

A Galicia de entón pouco ten que ver coa Galicia do presente. Daquela a galega era unha sociedade aínda moi rural malia que o peso que esta tiña na nosa terra ía cada vez a menos. Ademais viviamos baixo a represión do franquismo e isto se manifestaba nun control esaxerado sobre a sociedade. Había medo e ese medo chegaba. No que respecta a situación económica, aquela Galicia era economicamente máis precaria que a de hoxe en día. Ese era o contexto no que nos movíamos daquela.

Como foron os teus comezos na mundo da política?

Aos dezanove anos entro a traballar na industria madeireira onde empecei a tomar conciencia política. Logo, cando empecei a traballar en ASTANO, as miñas inquedanzas acentuáronse aínda máis ao traballar rodeado de xente moi concienciada politicamente. Empecei a descubrir porqué en Galicia a xente emigraba e noutros lados non, porqué a nosa terra non paraba de desangrarse e se encontraba nunca situación de atraso e marxinación total. Ao contrario que a maioría dos galeguistas eu cheguei ao nacionalismo pola vía económica, non pola vía cultural ou lingüística.

Ao longo dos anos oitenta e noventa houbo moitos intentos por crear unha formación nacionalista e moderada en Galicia. Desafortunadamente, todos estes proxectos fracasaron. A qué achacas ti eses fracasos?

Fundamentalmente a tres motivos. En primeiro lugar porque a burguesía galega desgraciadamente nunca apoiou dunha forma clara e contundente ningunha iniciativa propia de Galicia, fose esta máis de centro como Coalición Galega ou máis de esquerdas. Segundo, pola postura da igrexa. A igrexa en Galicia, con moito arraigo e influencia na poboación rural, tampouco nunca se pronunciou dunha forma rotunda en favor dos dereitos colectivos de Galicia, ao contrario que as igrexas vasca e catalá. Lonxe diso, a igrexa galega sempre se caracterizou polo seu desprezo a lingua e cultura do país, aínda que houbo algunha excepción. Iso supuxo un hándicap moi forte para os partidos galeguistas que nacían dende o centro. Terceiro, o feito de que Galicia tivo e aínda ten un forte complexo de inferioridade respecto de todo aquilo que procede de Madrid. O mimetismo e a dependencia social, e mesmo empresarial, que moitos galegos teñen respecto de todo o que procede desde o Centro responden a ese complexo. Aínda hoxe en día a máxima aspiración de moitos políticos galegos é acabar formando parte do goberno de Madrid. A dereita española vendo esta situación, usou esa dependencia iniciando un forte proceso de compra de vontades, atacando en cuña calquera intento por crear unha formación galeguista de centro. Por outra banda, a UPG, como partido marxista – leninista que é, nunca aceptou que aparecese outra voz nacionalista de carácter popular que non fose a súa, pretendendo desde xeito ter sempre o monopolio do nacionalismo galego de esquerdas. Resumindo, entre que a burguesía non acepta xogar nun campo galeguista, ou polo menos de carácter galego, e entre que a única forza política nacionalista asentada ten un forte compoñente comunista, nos encontramos cunha situación claramente polarizada que destrúe todo o que hai no medio.

Qué valoración fas destes 25 anos de autonomía? Hai un cuarto de século esperabades máis?

Si, esperábamos máis. Galicia tivo a desgraza de ser gobernada por unha dereita que nunca creu nela durante case todo este cuarto de século. Os gobernos de Fraga acabarían marcando moi negativamente a autonomía galega. Desde hai dous anos, trala perda do poder por parte do PP, nos encontramos cunha Galicia gobernada por un PSOE que segue a ter un comportamento marcadamente servil cara os seus superiores madrileños e cun BNG que con tal de ter o poder moitas cousas que dixo no seu día e que eran axiomas fundamentais da súa identidade, agora as está tendo que tragar a pasos axigantados. O caso é que aínda que Galicia progrese social e economicamente, é importante remarcar o feito de que este crecemento é so debido a que a nosa terra está metida nos carros do Estado Español e europeo, chegándonos aos galegos só un pouco das migallas do desenvolvemento estatal. En calquera análise social, económica, cultural ou sanitaria, sempre ocupamos os lugares mais baixos das estatísticas, presentando ademais unha gran perda de habitantes e envellecemento da nosa poboación, que a súa vez implica unha forte perda de peso político e económico. A entrada en Europa faise en parte a conta dos intereses galegos, como por exemplo a gandería, o sector pesqueiro ou o naval e Galicia aínda segue sendo considerada como unha reserva de votos do partido que goberna en Madrid.

Falando xa de Terra Galega, cómo naceu este proxecto?

Moitos galegos levamos no noso interior un forte sentimento de identidade galega. A iso, moitas outras persoas lle sumamos ademais o feito de querer o mellor para a nosa terra, de que estea ben comunicada, de que aquí haxa calidade de vida e un traballo digno para todos, cunha boa sanidade e unha mellor educación. A maiores, moitos galegos non aceptamos de bo grao que se nos discrimine respecto doutras partes do Estado nin nos conformamos con ter que resignarnos a ter menos protagonismo que os cataláns, os vascos ou os casteláns. Xente con esta forma de interpretar e querer a Galicia son a que no seu día deron lugar ao nacemento de Terra Galega. Formar parte de Terra Galega é, en certo modo, unha maneira de sentir e de querer a Galicia. Terra Galega saíu dunha serie de xuntanzas de xente concienciada e comprometida con este país. Xuntanzas que se acabarían materializando hai ano e medio en Santiago coa fundación do partido. Agora, unha vez creada esta forza política temos que intentar transmitir á sociedade ese sentimento que implica pertencer a Terra Galega. Temos, en definitiva, que poñer no menú unha nova oferta política a disposición da sociedade galega que sirva para normalizar políticamente este país. Ese é un dos obxectivos fundamentais polo cal naceu TEGA, normalizar políticamente a Galicia.

Qué valoración fas deste ano e medio de vida de TEGA?

O proxecto de Terra Galega non é un camiño doado porque a clase empresarial galega non acaba de dar un paso definitivo por mollarse pola súa terra e porque os medios de comunicación nos ignoraron ao longo de todo este tempo. Malia todo, aí están os resultados obtidos nos pasados comicios locais, que só se poden considerar coma positivos. Agora ven unha etapa de consolidación na que temos que aguantar o que hai. Se nos logramos consolidar estes dous anos e se ademais conseguimos ilusionar a sectores importantes da sociedade galega, creo que nas vindeiras eleccións autonómicas imos ter unha oportunidade histórica para que Terra Galega se poida converter nunca forza política de referencia no país. A miña ilusión, o meu soño, sería ver algún día a Terra Galega tomando as rendas deste país, sería ver algún día a Galicia gobernada por si mesma.

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=145

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cúmprense 25 anos do nacemento de Coalición Galega

abril 5th, 2008

Coalición Galega foi a primeira gran forza galeguista que rachou co bipartidismo centralista na nosa terra. Liderada polo empresario Euloxio Gómez Franqueira, esta formación chegou a gobernar en máis da metade dos muncipios galegos con máis de 1.000 concelleiros espallados por toda Galicia, ter a presidencia da deputación de Ourense con maioría absoluta e lograr once deputados no parlamento galego tras acadar case 170.000 votos nas eleccións galegas de 1985. Na propio goberno autonómico CG acadaría un protagonismo sen precedentes para o nacionalismo galego ao gobernar a vicepresidencia da Xunta e tres consellerías, unha delas, a de sanidade, gobernada polo agora presidente de TEGA, Pablo Padín. Do mesmo xeito, Coalición Galega foi a primeira formación nacionalista en obter representación no congreso dos deputados, no senado e no parlamento europeo de Estrasburgo.

Desafortunadamente o éxito desta formación foi tan grande como efémera a súa duración. Moitos foron os motivos que levaron ao desmembramento de Coalición Galega: a grave enfermidade e posterior morte do seu líder natural, Euloxio Gómez Franqueira, os personalismos, a indefinición ideolóxica…

Euloxio Gómez Franqueira

Así e todo, durante todos estes anos, malia ter que atravesar por unha dura travesía polo deserto, un grupo de persoas na provincia de Ourense mantívose fiel a estas siglas e non consentiu que Coalición Galega caese no esquecemento. Ese mesmo grupo de persoas, lideradas por Fernando Alonso e Xosé Posada, contribuíu de maneira moi importante ao nacemento de Terra Galega, na que hoxe está integrada CG.

Hai 25 anos, o hoxe famoso escritor Manuel Rivas era o correspondente en Galicia do diario “El País”. A principios de 1984 o daquela novo periodista escribiu unha interesante reportaxe para o xornal madrileño e que podería sintetizar dunha maneira moi aproximada como foi o nacemento de Coalición Galega. Ese artigo dicía o seguinte:

Coalición Galega disputa a hexemonía política de Galicia a aliancistas e socialistas.

Desafiou as estatísticas e venceunas en dúas ocasións. Afirmou Santiago Carrillo: como non vai saír Franqueira por Ourense? Eulogio Gómez Franqueira é xa un personaxe de novela. Aparece na última mazurca de Camilo José Cela. Factótum principal da historia política e económica contemporánea de Ourense, este home, nacido en 1917 na aldea de Cenlle, que non quere saber nada do avión e adora os Mercedes, sobreviviu con éxito a todos os naufraxios. Contan que en 1936, sendo membro das Mocidades Galeguistas, salvou a cabeza grazas á protección dun tío, funcionario do concello. En 1959, cando ninguén apostaba un peso polo campo galego, era xerente de UTECO e poñía en marcha a maquinaria económica máis potente do interior de Galicia. No 1980 revolveuse a tiro limpo contra un intento de secuestro por un comando de ETApm e foi ovacionado como heroe no congreso dos deputados. Integrado en UCD resistiu o derrubamento desta formación política. Agora é un dos protagonistas, sempre en segundo plano, da operación Coalición Galega, un novo partido que aspira a disputar a hexemonía política de Galicia a AP e ao PSOE.

Desde o seu xubileu compostelán, outro home, mozo e activo propagandista das Mocidades Galeguistas de 1936, observa con grandes cautelas a operación en marcha. Mestre rural como Franqueira, impulsor tamén do cooperativismo, aínda que dun sinal máis comunitario, Avelino Pousa foi o primeiro secretario xeral do reconstruído Partido Galeguista (PG) en 1978. A integración do PG é un dos ingredientes máis novos na ampla confluencia que abarca Coalición Galega, nutrida principalmente de distintas familias centristas e independentes de dispar procedencia; algúns, como Indalecio Tizón do campo socialista. Con 1.000 concelleiros en toda Galicia, fronte aos 1.400 aliancistas e 929 socialistas; con maioría absoluta na Deputación ourensá e nove deputados no Parlamento galego, Coalición Galega, rexistrada como partido político o pasado día 11 de decembro, resérvase a gran sorpresa de constituírse como grupo parlamentario no Congreso, en caso de que prosperen as negociacións con dous membros do Grupo Mixto, representantes independentes doutra comunidade autónoma, que colaborarían cos galegos Díaz Fontes, García Agudín e Gómez Franqueira.

Sería, afirman, a primeira vez que Galicia tería "voz propia en Madrid".

O Partido Galeguista achega a ascendencia histórica, a guinda auténtica a esta converxencia; pero o principal capital político, medido en cargos electos, incidencia social e potencial económico, procede dos restos do naufraxio centrista, dunha UCD que non morreu en pleno esplendor, pero case. Ademais de Franqueira e a súa inexpugnable demarcación e os galeguistas máis ou menos convencidos, protagonizan os primeiros pasos da operación Galicia, como eles a denominan, o Partido Galego Independente (PGI), fundado por José Luis Meilán e con principal base na provincia coruñesa, e os centristas agrupados nas CIGA de Pontevedra e Lugo.

O lanzamento non foi nada ruidoso. Todo o contrario. Os antigos baróns permanecen no anonimato ou na sombra, e incluso, como no caso de José Luis Meilán, parecen totalmente alleos a calquera participación directa. Políticos mozos, como Pablo González Mariñas, Rodríguez Pena, Antonio Olives, José Lage ou Ubaldo Atanes, pouco ou nada queimados en episodios da transición, levan as rendas desta operación que vai tecendo a súa estrutura en toda Galicia, aínda que xa albiscou no muradar das cidades o seu principal talón de aquiles. Ese certo sixilo, con limitadas aparicións públicas cargadas de humildade autocrítica, esquivou a polémica e as descargas doutras forzas políticas.

Mentres en Alianza Popular seguen con receo o que por agora semella ser un calculado e maxistral movemento de peóns, o PSOE galego non parece considerar ameazado o seu espazo electoral por esta iniciativa de galeguismo desde a moderación que gustaría reflectirse no espello de Convergència i Unió. Tampouco se reacciona con estrondo no -campo da esquerda nacionalista. Para o deputado Claudio López Garrido, do Partido Socialista Galego (PSG), "o intento de Coalición Galega, na medida que rompe co bipartidismo, é positivo, aínda que dubido das posibilidades de construír unha dereita galeguista forte: determinados tinglados só se sosteñen coa protección centralista".

"Coalición Galega", di o seu voceiro no Parlamento galego, Pablo González Mariñas, "é en certo modo un intento superador de dúas experiencias traumáticas: a dun Partido Galeguista cheo de ideais que non conseguiu rachar o cerco testemuñal e a da UCD". Mariñas, un coruñés de 38 anos, profesor universitario, iniciado na política no PGI, confía en que outro erro histórico da UCD galega, o seu excesivo tribalismo, con auréola caciquil, se acabe superando con esta nova experiencia, cunha estrutura organizativa de base comarcal, que atende á peculiaridade territorial, e cunha dirección política galega con poder real. A metade de camiño da primeira lexislatura autonómica, Mariñas afirma que Coalición Galega "xorde nun momento histórico oportuno e pretende ser un partido netamente galego con opción real a gobernar".

A Convergència catalá é un modelo e algo máis. Rodríguez Peña, actual secretario xeral do Partido Galeguista, pon o acento galego nos encontros políticos futuristas promovidos por Miquel Roca. Este arquitecto, de 40 anos, vicepresidente do Ateneo ourensán e afeccionado ao xadrez, participou desde os seus prolegómenos na operación reformista. Desde a independencia orgánica, incuestionable segundo os promotores, unha vez conseguida a consolidación interna, Coalición Galega tratará de ter unha proxección estatal. Segundo Mariñas, "non queremos facer inviable a nosa política por autarquismo, pero tampouco aceptaremos socios privilexiados; unha confederación, algo semellante, e dígoo a título persoal, sería a fórmula ideal".

No primeiro trimestre deste ano, a nova forza política celebrará o seu congreso constituínte. A discreción que rodea a todo o operativo en marcha non impide que afloren discrepancias, procedentes sobre todo de colectivos do Partido Galeguista. "Se fala moito de Converxencia, pero os cataláns non dubidan á hora de afirmar o seu carácter nacionalista", di con proverbial vehemencia Avelino Pousa. "Galicia é unha nación, é unha cuestión de dignidade, e non podemos arrumbar ese sinal de identidade sen traizoar o legado do histórico PG; non entendo por que se resisten a definir á coalición como nacionalista, cando iso non ten nada que ver con veleidades separatistas".

Para Avelino Pousa, que pertence á comisión de conflitos do partido, non se trata dun problema de incompatibilidades persoais, senón de contidos políticos. "Eu non teño vocación de enterrador". Aínda que foron moi distintos os camiños despois dos anos da mocidade, non pon reparos a ese reencontro nunha mesma formación política con homes como Eulogio Gómez Franqueira. "Persoalmente respéctoo; ademais, non hai ninguén inmaculado. Neste país temos que facer un esforzo de entendemento".

Figura enormemente polémica -talvez polo seu propio poder-, cauteloso político e audaz empresario, Franqueira, que foi procurador nos Cortes franquistas, foi utilizado pola esquerda como símbolo do gran caciquismo de posguerra, sentir non compartido por gran parte dos seus paisanos. Para Adolfo Domínguez, por exemplo, deseñador de renome internacional, empresario da nova onda, un liberal que vota socialdemócrata segundo propia definición, "en Galicia necesitariamos moitos homes como Eulogio".

Manuel Rivas. A Coruña - 10/01/1984 El País

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=145

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Anotacións recentes

Etiquetas

Anthosia3c sponsored by Seven Jeans for all Mankind