Galaico e Conservador

O presidente de todos os galegos fai visita oficial a un dos réximes dictatoriais con máis mortos de hispanoamérica

decembro 7th, 2007

A (falsa) excusa é que o Hino Nacional estreárase en Cuba en 1907. Mentira. O Congreso Pascual Veiga celebrado este ano demostrou que o Hino Nacional xa se tocaba en Galiza no ano 1896 e pénsase que a súa primeira presentazón oficial foi entre abril e xullo de 1890.

Se cadra, o verdadeiro motivo da viaxe a Cuba é que Touriño quixo lembrar vellas memorias revolusionarias...
Emilio Pérez Touriño, nos seus tempos de candidato do Partido Comunista
...facendo un tour cultural con outros seus compañeiros do vello Partido Comunista de Galicia (os tamén ex-militantes do PC(g) Dolores Villarino e José Ramón Fernández Antonio) e máis toda a tropa da UPG-BNG que, por suposto, foron os primeiros en apuntarse con gastos pagos polos nosos impostos á macrocomitiva oficial a unha dictadura criminal hispanoamericana.

Supomos que, esta (falsa) conmemorazón da (falsa) primicia do Hino Nacional en Cuba non lle deixará tempo ao Presidente de todos os galegos para asuntos tan triviais como pedir ao réxime dictatorial cubano que devolva a Galiza o antigo Centro Gallego que foi expropiado polo Estado Comunista... ou que o estado comunista cubano deixe en liberdade a varios dos fillos e netos de galegos que se encontran nas prisóns cubanas pola súa disidencia coa dictadura comunista (os que foron asasinados en nome da "revolusión" xa non hai xeito de devolverlles a vida).
Descendentes de galegos asasinados pola dictadura comunista de Cuba

En fin, polo menos divírtase e páseo ben en Cuba, Tovarich, quiero desir... "Presidente". Pagamos nós.

Communist Party

Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?p=2422

Chuzame! chúzame -

No Comments

No comments yet.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Anotacións recentes

Etiquetas

Anthosia3c sponsored by Seven Jeans for all Mankind