O chamado 'Anticeltismo' é unha corrente ideolóxica recente que naceu durante a dictadura nacionalista hispana do Xeneral Franco como contrareaczón contra o Galeguismo.
O 'Anticeltismo' consiste en:
- Negar sistemáticamente e minusvalorar calquer idiosincrasia e ligazón histórico-cultural de Galiza co mundo Atlántico no que está situada.
- Supravalorar e promocionar repetidamente unha suposta dependencia cultural e política de Galiza ao mundo Mediterráneo hispano-africano.
O 'Anticeltismo', igual que boa parte do legado ideolóxico e material herdado do Franquismo, aínda pervive residualmente na Galiza. Os seus valedores, cada vez menos, están adscritos ideolóxicamente ao nacionalismo hispano ou ao neo-comunismo saído da canteira da UPG. Outra vez máis, españolismo e comunismo van unidos da man.
Esta é unha cronoloxía da orixe ideolóxica hispana do 'Anticeltismo'.
Anos 1800-1920
A historiografía galega destaca unánimemente e de xeito extremadamente importante a nosa orixe histórica Céltica e Atlántica como factor causante de que Galiza sexa unha nazón singular, cun sistema cultural, económico, social, etc diferente dos territorios iberos que nos rodean. O nacente movimento cultural do Rexurdimento (Pondal, Vicetto, etc) comeza a promocionar o valor inspirador nacional da idiosincrasia céltiga de Galiza, ao igual que outros fan en Irlanda, Bretaña, Gales, Escocia e Cornualla. O nacente movimento político galeguista (Irmandades da Fala, etc) establece que o modelo político que Galiza debe seguir é o modelo Atlántico dos nosos fillos irlandeses ("Galiza, esperta e anda, como en Irlanda, como en Irlanda").
Anos 1920-1936
Todo o Galeguismo Histórico (Xerazón Nós, Partido Galeguista, Sociedade Nazonalista Pondal, etc) é consciente de que o que fai Galega a Galiza, como nazón singular, é a nosa orixe histórica Céltica e Atlántica. A cultura e ciencia desta época (Cuevillas, Risco, etc) concéntrase en investigar as características da etnografía e historia celta de Galiza. Os políticos (Castelao, Pedrayo, Plácido Castro) elaboran un discurso político nacional Atlántico e sentan as bases para unha cooperazón política con Irlanda, Escocia, Gales e Bretaña.
Anos 1936-1939
Durante a Guerra dos Nacionalistas Españois, os fascistas hispanos organizan un xenocidio e asasinan intencionadamente a máis de 2000 líderes da política e cultura galega. O Galeguismo Histórico queda descabezado. Os que logran sobrevivir (Castelao, etc) fuxen principalmente á Arxentina. Un pequeno número do grupo conservador (Pedrayo, Filgueira, Rajoy, etc) líbranse da morte e quedan silenciados en Galiza. O Galeguismo Histórico termina completamente descabezado.
Anos 1939-1981
A ditadura nacionalista española reconvirte os temarios de estudo ao servizo da propaganda nacionalista hispana. Poténciase o mediterraneismo, o iberismo, o latinismo, o visigodismo, invéntase o mito de "La Reconquista de Don Pelayo", monopolízase o papel do Reino de Castela, etc, etc. Na propaganda nacionalista hispana desaparece calquer periodo histórico que sexa diferente do mediterraneismo-iberismo-latinismo-visigodismo-castelanismo (por exemplo, a cultura celta galaica, o Reino da Gallaecia sueva, e o Reino da Galiza medieval). A ditadura franquista envía a Galiza ao ideólogo e líder falangista Carlos Alonso del Real, para facerse cargo de aplicar os postulados da propaganda nacionalista hispana no ensino universitario galego (Universidade de Santiago de Compostela). Como xefe-catedrático de todos os estudos de Historia das Idades Antiga e Media, o falangista Del Real executa o temario propagandístico mediterraneista-iberista-latinista-visigodista-castelanista no que se formaron varias xerazóns de estudantes e profesores universitarios galegos. Del Real asegúrase de que durante todos eses anos, na USC non entre nen unha soa publicazón de estudos históricos, arqueolóxicos ou etnográficos irlandeses ou celtas, que non se faga nengún traballo ou estudo sobre a Galiza celta desde 1936. Os estudantes debían falar español, latín e grego, todas línguas mediterráneas, pero ninguén debía ter coñecimento da lingua inglesa. Sen saber inglés, os estudantes galegos quedaban isolados e ignorantes do que se estaba a facer en Irlanda e Gran Bretaña e no mundo civilizado, e eran obrigados a reorientarse a estudar as culturas mediterráneas. O falangista Del Real adicouse tamén a ridiculizar a cultura celta de Galiza como "una gallegada", afirmando que "Lo único celta que hay en Galicia son los celtas sin filtro".
Anos 1970-2006
Achegándose o fin da ditadura española, un pequeno grupo de vellos galeguistas sobreviventes ao holocausto de 1931-1936 tentaron reactivar o Partido Galeguista sen éxito. Os que si tiveron éxito foron un grupo de mozos xóvens, radicais, antifascistas, inspirados no Comunismo soviético-cubano e africano-descolonizador: a UPG. O movimento político comezado pola UPG non tiña conexión ideolóxica co Galeguismo Histórico (o Galeguismo Histórico era celtista, etnicista, democrático-liberal, e anti-comunista). Como movimento comunista, a UPG defendía que só debía existir unha clase humana: "la clase obrera", e que o fin último do comunismo era a abolizón das patrias e a criazón dunha "dictadura mundial del proletariado". Como tal, os ideólogos comunistas da UPG non sentían nengunha simpatía pola tradizón histórica e política galega que sentaba as bases da etnicidade galega na súa orixe Céltica e Atlántica (na Unión Soviética, os máis contrarios á Ditadura Comunista foron as nazóns étnicamente non-rusas: Estonia, Polonia, Letonia, Ucraina, etc, etc). Polo tanto, aos ideólogos comunistas galegos convíñalles mellor a idea dunha nazón "proletaria" similar a outras nazóns "proletarias" do mundo (Cuba, Perú, Nicaragua, Corea, Rusia, etc) e non a idea dunha nazón étnica atlántica similar a outras nazóns étnicas atlánticas como Irlanda, Escocia ou Gales, onde existían sistemas democráticos contrarios aos réximes dictatoriais totalitarios comunistas e nazistas. Como consecuencia, aos ideólogos comunistas galegos non lles conviña a idea de retomar a tradizón celto-atlantista galega, igual que tampouco lle conviña aos nacionalistas hispanos. Outra vez máis, españolismo e comunismo van unidos da man.
Anos 1981-2006
Canto terminou a dictadura franquista e se aprobou o II Estatuto de Autonomia de Galiza houbo unha pequena oportunidade para volver a restaurar os niveis políticos e culturais de 1936. Desgrazadamente, isto non foi posible porque (1) o Galeguismo Histórico, serio e atlántico, quedara completamente descabezado e foi incapaz de crear unha continuidade xerazonal de novos líderes galeguistas serios e atlánticos, (2) o espírito de "perdoar e esquecer" da "Transición" fixo imposible depurar dos seus postos a vellos franquistas instalados nas Universidades, nas Administrazóns, nos partidos, etc, e (3) a nova xerazón de "nacionalistas galegos", ideoloxizados pola Estrela Vermella comunista da UPG, era demasiado radical, hippie, antisistema, antiautonomía, e non estaba capacitada para exercer postos de responsabilidade e liderazgo na sociedade galega (os mozos da UPG andaban moi ocupados nos bares de Compostela -onde se fai política seria, non é?-, cantando canzóns cubano-comunistas en español, manifestándose en contra das Autoestradas, en contra da Autonomía, e facendo campaña eleitoral cos bascos de Herri Batasuna). Ese "nacionalismo galego" da Estrela Vermella comunista da UPG non estaba interesado en retomar a tradizón celto-atlantista galega, porque non lle conviña ideolóxicamente ao seu comunismo mundial, pero empregouse a fondo -eso si- para ligar a Galiza con países mediterráneos (Palestina, Sahara, etc) e hispano-caribeños (Cuba, Venezuela, etc). O falangista Carlos Alonso del Real estaría orgulloso do traballo da UPG. Os comunistas continuaron no eido político coa tarefa dos nacionalistas hipanos no eido cultural: alonxar a Galiza da tradizón celto-atlantista galega que non lle convén ideolóxicamente ao españolismo, e empregarse a fondo en ligar a Galiza con países mediterráneos e hispanoamericanos. O españolista Carlos Alonso del Real estaría orgulloso do traballo antiatlántico e prohispanomediterráneo da UPG.
Polo tanto, perdeuse unha oportunidade dourada para volver a retomar a tradizón histórica galega, e permitiuse continuar á corrente ideolóxica anti-atlantista e anti-celta da dictadura franquista. Nun casos porque non se substituiu a vellas figuras que chegaron a Galiza durante o periodo da ditadura española (p.e Antonio de La Peña, nacido en Pajares de los Oteros, Castela-León), noutros casos porque nos encontramos hoxe cunha xerazón de novos profesores que foron mal-educados no sistema propagandístico franquista, latinista e anticelta, de Alonso Del Real (Felipe Arias, Calo Lourido, etc), que apenas saben falar inglés e que ignoran completamente a cultura doutros países atlánticos como Irlanda e Gran Bretaña, e que por riba foron educados nunha ideoloxía política comunista que é hostil ao conceito das nacionalidades étnicas (lembren que hai só 15 anos a UPG opúñase a que as nacionalidades étnicas de Lituania, Letonia e Estonia proclamasen a súa independencia a respecto da dictadura da Unión Soviética).
Se ollamos con atenzón ao noso redor, observaremos que esta mesma situazón anti-galega persiste aínda a varios niveis. Nos estudos históricos escoitamos a certos individuos falar dunha Galicia ibero-mediterránea sen nada que ver co Atlántico. Nos estudos forestais escoitamos a certos individuos falar de que o eucalipto é bó para Galiza. Nos estudos económicos escoitamos a certos individuos falar de que Galiza non pode existir sen a esmola de España. Nos partidos políticos escoitamos a certos individuos que se negan a condear a ditadura nacionalista española. Na praza da Quintana, no corazón da nazón, en Santiago de Compostela, ainda hai un monumento adicado ao fascista nacionalista español Primo de Rivera. A situazón é doada de comprender: ainda vivimos hoxe as consecuencias da ditadura nacionalista española.
A soluzón depende de nós. Temos que formar líderes galegos conforme á tradizón Galeguista Histórica, líderes serios e Atlánticos, que saiban comprender á nosa nazón, e non teñan medo de asumir responsabilidades para liderar con intelixencia e situar a Galiza no lugar que lle corresponde: no Atlántico, en Europa, e cun asento na ONU. Líderes galegos nos estudos históricos, no sector forestal, na ciencia, na economía, na política... A todos os niveis. Gallaecia expects every man to do his duty.
chúzame -