O comunismo trae o hispanismo á Galiza
Comentaba un estimado contertulio do Forum Gallaecia que "É difícil darlle o meu voto ao BNG tendo ainda o seu cancro sen operar (UPG). Quizais por iso o nacionalismo ten cotas de poder tan limitadas na Galiza"
É natural que o actual "nacionalismo" comunista teña tan pouca cota de poder na Galiza.
Como vocés saberán, o 25 de Xullo, Día Nacional da Galiza, a UPG organiza unha manifestazón na Praza da Quintana, en Santiago. É unha manifestazón principalmente comunista, baixo a excusa do noso día nacional, na que a Bandeira Nacional é minoritaria, e maioritarias son as bandeiras vermellas comunistas (na foto, ademáis das bandeiras deturpadas coa estrela vermella comunista, hai bandeiras da dictadura da URSS e mesmo dun país árabe).

Vexamos cales son os grupos políticos “irmáns” que asistiron como convidados á manifestazón comunista da UPG na Praza da Quintana o 25 de Xullo de 2007:
“PARTIDO COMUNISTA DE CUBA”: No comment. Comunistas caribeño-cubanos, antiga colonia hispana e hispanofalante, e unha das últimas ditaduras tiránicas do mundo. Por suposto, hai que falarlles en Español.
“MOVIMIENTO BOLIVARIANO REVOLUCIONARIO”: Comunistas caribeño-venezolanos, antiga colonia hispana e hispanofalante. Por suposto, hai que falarlles en Español.
“DELEGACIÓN SAHARAUI PARA GALIZA”: Africanos-islámicos, antiga colonia hispana e hispanofalante (qué se lle perdeu a Galiza no Sahara?). Por suposto, hai que falarlles en Español.
“FRENTE AMPLIO”: Neo-comunistas de Uruguai, antiga colonia hispana e hispanofalante. Por suposto, hai que falarlles en Español.
“PARTIT SOCIALISTA DE MALLORCA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. “No son atlánticos, pero qué más dá, si es que todos somos españoles!”.
“UNIÓ MALLORQUINA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. “Los invitamos porque nos une una cultura: la española”.
“BLOC NACIONALISTA VALENCIÁ”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. “A Galicia y Valencia nos une el Mediterráneo y la cultura española”.
“ESQUERRA REPUBLICANA DE CATALUNYA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. Outra máis.
“CONVERGÉNCIA I UNIÓ DE CATALUNYA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español.
“NAFARROA BAI”: Nazón ibero-mesetaria, parte do Estado Español.
“EUSKO ALKARTASUNA”: Outra nazón parte do Estado Español.
“PARTIDO NACIONALISTA VASCO”: Máis outra nazón parte do Estado Español.
“PARTIDO COMUNISTA PORTUGUES”: Comunistas e lusos. No comment.
“BLOCO DE ESQUERDA”: Neo-comunistas e lusos. Máis iberismo.
“PARTIDO COMUNISTA DO BRASIL”: Máis comunistas e máis colonialismo lusitano.
“PARTIDO DOS TRABALHADORES” Neo-comunistas do Brasil. Máis neocomunismo e máis colonialismo lusitano.
16 partidos políticos convidados. Todos eles tén relazón ou co Comunismo ou con España.
Mas non se autodeclaraba a UPG como un partido “nacionalista” galego, e por tanto Europeo e Atlántico?
Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido irlandés? Non.
Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido escocés? Non.
Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido galés? Non.
Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido cornuallés? Non.
Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido bretón? Non.
No século XXI, a UPG-BNG sigue negándose a manter relazóns políticas normalizadas con partidos dos países celtas e atlánticos.
A UPG-BNG síguelles importando máis o Sahara, o Caribe comunista, as favelas do Amazonas e o Mediterráneo.
Por qué?
Porque o Comunismo = Españolismo



Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?p=1409