O positivo e negativo que tivo a pasada lexislatura de coaligazón entre PSdG e BNG:
POSITIVO
Fin do Fraguismo
A alternancia democrática é vital para o bon goberno e a saúde das Institucións públicas. O goberno de Fraga chegara a unha dexenerazón caciquil e corrupta sen precedentes na historia moderna do Goberno da Galiza.
Lei da Transparencia
Un paso necesario para sermos unha sociedade normal, moderna e competitiva, ainda que ao final a Lei quedou curta e non se meteu onde era necesario meterse para matar de raiz a corrupzón no noso país.
Estatuto
Anxo Quintana obrou con intelixencia, soubo achegar ao PSdG a un Estatuto que sería aceitable, e soubo deixar en evidencia aos nacionalistas hispanos que agora dominan o PPdG. Era un fracaso previsible, e foi intelixente deixalo estar antes que aprobar un estatutiño insuficiente.
Enerxía Eólica
Foi un atrevido paso adiante, ainda que rozando o caciquismo, dun dos mellores conselleiros do Goberno, Fernando Blanco. Por fin parte dos nosos recursos eólicos van ser traballados por empresas que van deixar beneficios no país.
Lei dos 500 metros
Feita dunha maneira torpe, sen ter consultado ás empresas do país, mais tendo en conta a situazón de emerxencia na que estabamos era mellor botar un pouco de auga fría sobre o asunto antes de seguir sen fazer nada.
Galescolas
Os cartos investidos na Educazón son sempre cartos ben investidos no futuro dunha nazón. Era unha medida máis que necesaria para frear a caida catastrófica da maioria galego-falante.
Seleizón Galega
Esencial para a normalizazón deportiva e nacional do país.
NEGATIVO
Bi-goberno
Unha Xunta, dous gobernos. Imaxe pésima de descoordinazón, ineficiencia, de carencia dun goberno nacional. Transmiten á opinión pública a imaxe dun goberno dun país que non é capaz de gobernarse a si mesmo, xa non imaxinemos a desfeita que farían se tivesen que gobernar un Estado federal ou un Estado soberano.
Construzón naval
Insuficiente e decepcionante a actitude do bi-goberno frente ao asoballamento de Madrid. Seguimos con paro nos asteleitos de Ferrol cando temos a capacidade de construir os mellores barcos da Europa. Temos mellor tecnoloxía, temos mellor cultura de traballo, e o bi-goberno baixa a cabeza e mira cara outro lado cando Madrid envia carga de traballo a Andalucia.
Porto exterior
A administrazón pública de brazos cruzados cando se está a construir unha das máis importantes obras públicas galegas do século. O porto terminado, e xa nos explicarán onde é que está a estrada de acceso e a conexión por tren!
Transferencia de Portos e Aeroportos
Pasaron catro anos e estas transferencias tan vitais para a nosa economía seguen bloqueadas por falta de interese dos socialistas hispanos e dos hippies anticapitalistas upegallos.
Grupo Lácteo
Tantos anos berrando desde a oposizón que ían facer un grupo lácteo, e agora que suben ao goberno... U-lo?
Consellaria de Agricultura
Despois de catro anos, segue todo igual que antes. Sofremos os piores lumes da nosa historia, continúa a despoboazón rural, e tómannos o pelo cun Banco de Terras que só serve para maquillar o minifundismo, mais que segue sen atacar as súas causas. Un tipo tan incompentente sería posto na rúa mesmo nos últimos tempos da Era Fraga, mais xa sabemos todos que os conselleiros da UPG están blindados, fágano mal ou fágano pior.
Gaiás
Falta de coordinazón, incompetencia, despilfarro de orzamentos públicos. Antes lle botaban toda a culpa a Fraga e agora, catro anos depois, ainda seguimos sen saber o que queren facer, e a conselleira sainte ainda segue sen facer públicas as contas do Gaiás.
Corrupzón
Houbo unha mellora a respeito da Era Fraga, mais o nivel de caciquismo e enchufismo segue a ser inaceitable. O PSdG mantén a Francisco Vazquez no Vaticano sen unha investigazón a fondo, e a o nivel de enchufismo sindical e BNGueiro na Xunta comeza a achegarse ao practicado noutras épocas polo PP.
“Vicepresidencia de Anxo Quintana”
Utilizazón partidista e pouco democrática das instituzóns nacionais, igual que nos piores tempos do Fraguismo. Imaxínanse a que terían armado os da estrela soviética se hai catro anos saíse na tele o Fraga falando da “Presidencia de Manuel Fraga”?
Despilfarro de cartos públicos
Mojitos p'al pueblo en Cuba, escándalo na suba de salarios, engorde do número de altos cargos, cada vez máis funcionarios e burocracia, e comidiñas e bailes gratis para todo o mundo pagas pola “Vicepresidencia de Anxo Quintana”. É para isto que pagamos impostos os galegos?. Compróbase que cando algúns pisan moqueta convértense en elementos iguais ou piores que aos que antes criticaban!
Vivenda gratis para ziganos
Case un 20% dos galegos viven na pobreza, e o BNG decide que os galegos non importan, que o que hai que fazer é darlle vivendas gratis aos ziganos, por suposto, pagas cos nosos impostos. De escándalo!
Seleizón Galega
Terminou podre por culpa do sectarismo socialista do politburó do BNG, utilizándoa para promover o terceiromundismo africanoide e o islamoesquerdismo. O de organizar un partido con Irán, un estado terrorista cun dos piores historiais de abusos aos direitos humáns, non tivo nome. Así quedou Riazor de baleiro.
Relazóns internacionais
O socialista Touriño de turismo na República Dominicana e resto da hispanoamérica dicendo que Galiza ten que ser a porta europea dos países hispanoamericanos, o BNG de mojitos p'al pueblo con Cuba e Irán (ainda ben que xa non existen os do Khmer Rouge!). As relazóns internacionais definen unha nazón, e o goberno desta nazón aposta polo terceiromundismo hispano e dictatorial, antes que apostar polos nosos irmáns étnicos atlánticos e europeos do primeiromundo.
Policia Galega
Pasaron catro anos e un corpo nacional tan esencial para o país segue a estar bloqueado por falta de interese dos socialistas hispanos e dos hippies antimilitaristas upegallos.
Paro e inmigrazón
A metade dos nosos mozos están nas Canarias, temos un nivel de paro inaudito comparado co doutros países da Europa, e no tentanto temos un Presidente socialista alentando a inmigrazón hispanoamericana e unha comparsa upegalla á que non lle interesen competencias en inmigrazón e está máis ocupada en defender aos uruguayos e venezolanos na Galiza.
Inestabilidade interna no BNG
Catro anos de liortas internas onde o partido minoritario do bi-goberno estivo máis atento ás súas liortas internas que a gobernar un país para todos os galegos. Que se Francisco Rodriguez contra Quintana, que se Beiras contra os Upegallos, que se os Irmandiños contra os Irmandiños. Que espectáculo, por favor! Teñan algo de decencia e pásense á oposición, que é onde os partidos responsables están cando tén que solucionar os seus problemas internos!
O actual bi-goberno revalidará a maioria parlamentar, de decidir continuar co bi-goberno, mas non será particulamente por méritos proprios: É porque a alternativa parlamentar actual ainda cheira máis podre!
Poden comentar este artigo no Forum Gallaecia:
http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?p=5344